Consonte coa proposta formualda pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta unviersidade do 13 de febreiro de 1997 (BOE do 6 de marzo), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de teoría do sinal e comunicación, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións, a prol de María Vera Isasa, con documento nacional de identidade número 22.966.671, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2 do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Vera Isasa, profesora titular de universidade da área de coñecemento de teoría do sinal e comunicacións, do departamento da Tecnoloxía das Comunicacións.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 17 de novembro de 1997.
José Antonio Rodríguez Vászquez
Rector da Universidade de Vigo
9372