Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.867

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1997 pola que se declara concluído o procedemento e vacante a praza do corpo de profesores titulares de universidade da área de coñecemento de traducción e interpretación (praza 20/97).

Convocada a concurso de méritos por resolución da Universidade de Vigo, do 13 de febreiro de 1997 (BOE do 6 de marzo), unha praza do corpo de profesores titulares de universidade da área de coñecemento de traducción e interpretación.

Tendo en conta a proposta elevada pola comisión, prevista no artigo 14 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro),

Este rectorado resolveu declara-la non provisión da praza referenciada do corpo de profesores titulares de universidade e concluí-lo procedemento selectivo.

Vigo, 17 de novembro de 1997.

José Antoinio Rodríguez Vázquez

Rector da Unviersidade de Vigo

9371