Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.868

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1997 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación, a Francisco González Calleja (praza 75/92).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución da Unviersidade de Vigo do 16 de novembro de 1992 (BOE do 28 de novembro), para a provisión dunha praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación, a prol de Francisco González Calleja, con documento nacional de identidade número 30.001.126, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2 do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Francisco González Calleja, catedrático de universidade da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 17 de novembro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

9373