Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.858

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 348/1997, do 9 de decembro, polo que se dispón que cesen os titulares dos departamentos da Xunta de Galicia que se citan.

Cumpridas as previsións do artigo 15, alínea 2, do Estatuto de autonomía de Galicia e en virtude das facultades que me confiren como presidente desta o artigo 26, alínea 1, da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, na redacción dada a este pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Que cesen nos seus cargos os titulares dos departamentos da Xunta de Galicia, de conformidade coa seguinte relación e agradecéndolle-los servicios prestados:

-Dositeo Rodríguez Rodríguez, como conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

-José Antonio Orza Fernández, como conselleiro de Economía e Facenda.

-José Cuíña Crespo, como conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

-Celso Currás Fernández, como conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

-Antonio Couceiro Méndez, como conselleiro de Industria e Comercio.

-Tomás Pérez Vidal, como conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.

-Jesús Pérez Varela, como conselleiro de Cultura e Comunicación Social.

-José Mª Hernández Cochón, como conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

-Juan Caamaño Cebreiro, como conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

-Jesús Carlos Palmou Lorenzo, como conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

-Manuela López Besteiro, como conselleira de Familia, Muller e Xuventude.

-Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, como conselleiro sen carteira para Asuntos Parlamentarios.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, nove de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

9834