Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.859

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 349/1997, do 9 de decembro, polo que se nomean os titulares dos departamentos da Xunta de Galicia.

Establecida a nova configuración dos departamentos que integran a Xunta de Galicia polo Decreto desta Presidencia 347/1997, do 9 de decembro, procede a designación e nomeamento dos seus titulares.

Na súa virtude, no uso das atribucións que me confire o artigo 16, alínea 3, do Estatuto de autonomía de Galicia e o artigo 26, alínea 1, da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear conselleiros da Xunta de Galicia as persoas que se relacionan a continuación:

-Dositeo Rodríguez Rodríguez, conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

-José Antonio Orza Fernández, conselleiro de Economía e Facenda.

-José Cuíña Crespo, conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

-Celso Currás Fernández, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

-Antonio Couceiro Méndez, conselleiro de Industria e Comercio.

-Castor Gago Álvarez, conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

-Jesús Pérez Varela, conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

-José Mª Hernández Cochón, conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

-Amancio Landín Jaráiz, conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

-Jesús C. Palmou Lorenzo, conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

-Manuela López Besteiro, conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

-José Carlos del Álamo Jiménez, conselleiro de Medio Ambiente.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, nove de decembro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

97-7618