Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 09 de decembro de 1997 Páx. 11.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/65-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: subestación transformadora de 15 MVA en Pazos de Reis.

Situación: Tui.

Descricións técnicas: transformador trifásico de 15 MVA, relación de transformación 132/20 kV. Dous módulos de liña 132 kV. Un módulo de protección do transformador. Cinco saídas de liña a 20 kV. Tódolos módulos de alta tensión serán tipo convencional intemperie e os de media tensión celas metálicas convencionais compartimentadas.

Resultando que Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. solicitou con data do 24-4-1997 a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación para as instalacións citadas anteriormente, conforme coa Lei 40/1994, de ordenación do sistema eléctrico nacional e o Decreto 2617/1966.

Resultando que con data 3-9-1997 Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. solicita a anulación do trámite de declaración de utilidade pública e a urxente ocupación, por mercar tódolos predios afectados pola instalación, e que o trámite continúe para a autorización administrativa e a conseguinte aprobación do proxecto de execución.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta

blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 14 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9238