Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 09 de decembro de 1997 Páx. 11.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 28 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que iso implica da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/323-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, artigo 52 da Lei 40/1994, de ordenación do sector eléctrico nacional (LOSEN) e artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: r/ García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Título: L.M.T., C.T. e R.B.T. Cruz-Camos.

Situación: Nigrán.

Características técnicas: L.M.T., aero-subterránea, 20 kV, de 162 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, e 20 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor R.H.V., desde o apoio 4 da L.M.T. ó C.T. G.E. Baleazas, ata o apoio 2 proxectado desde onde

continúa en subterránea, rematando no C.T. que se proxecta en Cruz-Camos, concello de Nigrán. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aero-subterránea, de 555 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, e 120 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.V.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo I.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do Regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 28 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: Provincia: Pontevedra

L.M.T., C.T., R.B.T. Cruz-CamosTermo municipal: Nigrán

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

1CruzMonte altoConcello de NigránCastelao-Cea

36350 Cea

35560

3CruzMonte altoManuel Gómez FigueroaAs Tomadas, 19

36360 Chandebrito

21701.064

4CruzMonte altoJulia Román HermidaAlbores Grande, 49 36391 Priegue21148

9003