Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 09 de decembro de 1997 Páx. 11.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude do permiso de investigación Godos I, nos concellos de Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa, por parte de Áridos y Hormigones de Caldas, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Áridos y Hormigones de Caldas, S.L., con domicilio na Xunqueira, A Ramallosa, Nigrán, presentou nesta delegación provincial, o día 28 de abril de 1997, instancia-solicitude do permiso de investigación Godos I, de 2 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental e sección C), que se sitúa nos termos municipais de Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa, da provincia de Pontevedra, e que lel correspondeu o nº 2766, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 43' 00''42º 36' 00'

Vértice 28º 42' 40''42º 36' 00'

Vértice 38º 42' 40''42º 35' 20'

Vértice 48º 43' 00''42º 35' 20'

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación, no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 20 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

97-9004