Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 09 de decembro de 1997 Páx. 11.826

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 7 de novembro de 1997, da Delegación Territorial Vigo (Pontevedra), pola que se notifican liquidacións dictadas polo Servicio de Inspección Tributaria, relativo ós contribuíntes que se citan (Doval Avendaño, José).

De conformidade co disposto no artigo 59,4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados que figuran na relación, cos datos e último domicilio coñecido que se indican, as liquidacións e conceptos dictados polo Servicio de Inspección Tributaria en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

O ingreso poderá facerse no Servicio de Recadación por medio do ingreso directo na caixa da delegacion territorial da Consellería de Economía

e Facenda ou nas entidades financeiras colaboradoras. Os prazos para efectua-lo devandito ingreso son os seguintes:

a) Os notificados entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior.

b) Os notificados entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificacion ata o día 20 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior; debendo retirarse a correspondente carta de pagamento na delegacion territorial de Economía e Facenda sita na Pza. de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, de Vigo, no mesmo prazo de pagamento en voluntaria.

O recurso que se poden interpoñer é: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín, 2, ou o de reposición ante o Servicio de Inspección Tributaria desta delegación territorial, praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, ambos no prazo de quince días contados desde o seguinte ó da data de publicación desta cédula no DOG.

Vigo, 7 de novembro de 1997.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado Territorial de Vigo (Pontevedra)

Contribuínte: Doval Avendaño, José.

Enderezo: Vía Norte, 4, Vigo

Contía: 62.835

Concepto: acta inspección 4S9/96

9059