Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 09 de decembro de 1997 Páx. 11.826

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 7 de novembro de 1997, da Delegación Territorial Vigo (Pontevedra), pola que se notifican liquidacións dictadas polo Servicio de Inspección Tributaria, relativo ós contribuíntes que se citan (Areal González, Alejandro e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59,4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados que figuran na relación, cos datos e último domicilio coñecido que se indican, as liquidacións e conceptos dictados polo Servicio de Inspección Tributaria en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

O ingreso poderá facerse no Servicio de Recadación por medio do ingreso directo na caixa da delegacion territorial da Consellería de Economía e Facenda ou nas entidades financeiras colaboradoras. Os prazos para efectua-lo devandito ingreso son os seguintes:

a) Os notificados entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior.

b) Os notificados entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificacion ata o día 20 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior; debendo retirarse a correspondente carta de pagamento na delegacion territorial de Economía e Facenda sita na Pza. de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, de Vigo, no mesmo prazo de pagamento en voluntaria.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal

Económico-Administrativo Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín, 2, ou o de reposición ante o Servicio de Inspección Tributaria desta delegación territorial, praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, ambos no prazo de quince días contados desde o seguinte ó da data de publicación desta cédula no DOG.

Vigo, 7 de novembro de 1997.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado Territorial de Vigo (Pontevedra)

ContribuínteEnderezoContíaConcepto

Areal González, AlejandroLG.Gaifar-Panxón, Nigrán 820.905Acta inspección

4T11/97

Domínguez Gutiérrez, DanielA Espedrigada, 154, Vigo 96.455Acta inspección

4T10/97

Domínguez Gutiérrez, DavidA Espedrigada, 154, Vigo 96.455Acta inspección

4T9/97

Domínguez Gutiérrez, EduardoA Espedrigada, 154, Vigo 96.455Acta inspección

4T8/97

Orge Pérez, DelfinaVía Norte 29 Vigo2.498.013Acta inspección

4S4/97

9236