Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 09 de decembro de 1997 Páx. 11.826

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (78/1997).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal da faltas número 78/1997, que se segue por abandono de familia, cítase a Manuel Jesús Vigo Brocos para que o vindeiro día doce de decembro ás 10.45 horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciado, baixo apercibimento de que se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de facelo, poderá ser multado conforme a lei e recaer sobre el os prexuízos ós que houbese lugar en dereito, podendo, se é parte, ser asistido por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas das que tente valerse. E para que así conste e lle sirva de citación en forma a Manuel Jesús Vigo Brocos, en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecatro de novembro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

9058