Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.799

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

F. P. HOSPITALF. P. HOSPITAL VIRXE DA XUNQUEIRADA BARBANZA CEERIBEIRA

ACORDO conxunto do 21 de novembro de 1997 polo que se anuncia a convocatoria de probas de selección de persoal.

En uso das atribucións recollidas no artigo 3 da Lei 10/1996, do 5 de novembro (DOG nº 227, do 20 de novembro), o padroado da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira e o padroado da Fundación Pública Hospital da Barbanza, acordaron a aprobación do cadro de persoal do seu centro respectivo, así como a convocatoria das correspondentes probas de selección de persoal, con respecto os principios de igualdade, mérito, capacidade de publicidade, segundo determina o artigo 2 da citada lei.

Na súa virtude, a dirección de cada unha das fundacións fai pública, de xeito conxunto, a convocatoria de selección do seu persoal, de conformidade coas seguintes bases:

Categorías convocadasNº de prazas

H. da BarbanzaH. Virxe da Xunqueira

ATS/DUE2930

Auxiliar de enfermería3430

TEL32

TER33

Persoal de Servicios Xerais1310

Titulación:

ATS/DUE: ATS/DUE.

Auxiliar enfermería: título de FP 1º grao, rama sanitaria.

TEL: técnico especialista de FP 2º grao, rama sanitaria, especialidade laboratorio.

TER: técnico especialista de FP 2º grao, rama sanitaria, especialidade radiodiagnóstico.

Persoal de servicios xerais: título de graduado escolar, FP de 1º grao ou equivalente.

Tipo de contrato: a contratación do persoal que resulte seleccionado, someterase ó disposto no Real decreto lei 8/1997, do 16 de maio, en materia de fomento da contratación indefinida e tamén ó disposto no artigo 15.1º do Estatuto dos traballadores.

Procedemento de selección:

Constará de dúas fases.

A) A primeira fase, que terá carácter eliminatorio, consistirá na realización, para tódalas categorías ofertadas, dun test cun contido fundamentalmente psicotécnico e que incluirá tamén preguntas relativas a coñecementos xerais da propia categoría, de xestión sanitaria e de informática elemental, así coma de lingua galega. Esta proba terá unha duración entre unha e dúas horas.

Nesta primeira fase, as categorías de auxiliar de enfermería e persoal de servicios xerais, terán ademais, para aqueles aspirantes que superen a primeira proba, unha proba práctica, tamén con carácter eliminatorio, coas características que se determinen; en auxiliar de enfermería, referida ó desenvolvemento da práctica profesional e para o persoal de servicios xerais, referida ó manexo específico da informática.

Ó final desta primeira fase acadarase a cualificación de apto ou non apto.

B) A segunda fase, que non terá carácter eliminatorio, consistirá, para tódalas categorías na valoración dos méritos, segundo o baremo que se estableza, relativos á formación e á experiencia.

Esta fase articularase, dunha banda, a través da baremación do currículum vitae e, doutra banda, coa realización dunha entrevista a cada un dos aspirantes seleccionados da primeira fase, cunha ponderación da valoración global do 45% e 55%, respectivamente.

Puntuación final e aspirantes seleccionados: coa suma das puntuacións outorgadas en ámbolos dous apartados da segunda fase, currículum vitae e maila entrevista, confeccionarase o listado final pola orde de puntuación acadada por cada aspirante, resultado definitivamente seleccionados igual número de aspirantes có de prazas convocadas en cada categoría.

Inicio das probas: as probas non serán realizadas antes dun mes, desde que se publique esta convocatoria, de conformidade co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996, do 5 de novembro.

Instancias: para participar neste proceso deberá cubrirse o modelo de instancia que será facilitado gratuitamente na sede do propio hospital: sito en Recheo s/n, Paseo Marítimo Cee (A Coruña), para

a Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira; e na C-550 Km 45-46, lugar de Salmón, parroquia de Oleiros, Ribeira (A Coruña) para a Fundación Pública Hospital da Barbanza, co requisito excluínte do previo aboamento da cantidade 2.000 ptas., en concepto de dereitos de exame, segundo as instruccións que se achegan con esta, que, no suposto de xerar algunha economía, revertiría na formación dos seleccionados.

Xunto coa instancia, non terá que xuntarse neste momento nin currículum vitae, nin outra documentación persoal ou administrativa do interesado.

A instancia terá que tramitarse no prazo improrrogable de 20 días naturais, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, remitíndose en sobre pechado, necesariamente, ó apartado de correos nº 2.054 da Coruña, no caso do Hospital Virxe da Xunqueira; e ó apartado de correos nº 2.246 de Santiago de Compostela no caso do Hospital do Barbanza.

O teléfono de información común de ámbolos dous procesos é o (981) 26 90 95.

Concorrencia de procesos: a presentación de instancias e a execución dos procesos, producirase de xeito completamente independiente, aínda que sexa coincidente o prazo de presentación destas e a realización da primeira das probas da primeira fase de selección, de xeito que non será posible concorrer os dous procesos selectivos.

Incorporación: a formalización do contrato e a incorporación definitiva dos seleccionados podrá producirse de xeito sucesivo e gradual, segundo as necesidades da posta en funcionamento dos servicios de cada hospital.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 1997.

José Rey Aneiros Rubén Sanz Cartagena

Director da Fundación PúblicaDirector da Fundación Pública

Hospital Virxe da Xunqueira Hospital da Barbanza