Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO de convocatoria de contratación (expediente sec-97000183).

1. Entidade adxudicadora.

A) Organismo: Concello de Verín.

B) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

C) Número de expediente: 97/183.

2. Obxecto do contrato.

A) Descrición do obxecto: obras de construcción dunha pista polideportiva en Pazos.

B) Lugar de execución: Concello de Verín.

C) Prazo de execución: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

A) Tramitación: urxente.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 5.406.250 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 108.125 ptas.

Definitiva: 216.250 ptas., e mailo 4% sobre o importe das melloras das obras ofertadas, valoradas e aceptadas no concurso.

6. Obtención de documentación e información.

A) Entidade: Concello de Verín.

B) Domicilio: praza do concello.

C) Localidade e código postal: Verín, 32600.

D) Teléfono: 41 03 34.

E) Telefax: 41 19 00.

F) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural, contado desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se coincidise con domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

G) Consulta documentación: imprenta Monterrey, Avda. Portugal, 36, Tfno: (988) 41 39 43, Verín.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación das proposicións:

A) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (coincidindo en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo), ás 14 horas.

B) Documentación que integrará as ofertas: a indicada no cláusula oitava do prego que rexe a contratación.

C) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Verín.

2ª Domicilio: praza do concello.

3ª Localidade e código postal: Verín 32600.

9. Apertura das ofertas.

A) Entidade: Concello de Verín.

B) Domicilio: praza do concello.

C) Localidade: Verín.

D) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

E) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións:

A) Criterios de valoración: os sinalados polas bases da contratación.

B) Aprobación expediente de contratación: decreto do 19-11-1997.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 19 de novembro de 1997.

O alcalde

Rubricado