Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva do plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1).

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión do 24 de marzo de 1997, aprobou definitivamente o plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1), con resolución das alegacións presentadas polos interesados no trámite de exposición pública.

De conformidade co disposto polo artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse o texto íntegro da normativa urbanística do plan especial definitivamente aprobado no BOP nº 236, do 14 de outubro de 1997.

Contra o acto de aprobación definitiva poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 1997.

O alcalde

Rubricado