Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO.

A resultas do trámite de información pública do estudio de detalle de integración ambiental do quinteiro delimitado polas rúas Rosalía de Castro, Rapa da Folla e Montero Ríos, propúxose unha modificación do proxecto inicialmente aprobado pola Comisión de Goberno o 22 de setembro de 1997, con

sistente na reducción do volume edificable na parcela H, que pasa de 1.081 a 931,07 m construídos.

Por medio deste edicto, concédeselles ós titulares afectados, Antonio e Purificación Porto Pazos, un trámite de audiencia por un período de dez días, co obxecto de que durante o sinalado prazo os interesados poidan examina-la modificación proposta e formula-las alegacións que coiden oportunas.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1997.

O alcalde

Rubricado