Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (78/1997).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 23 de outubro de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente, por instancia de José Pérez Díaz, o proxecto de urbanización de construcción parcial do semivial da rúa Castro Caldelas, do PXOU de Ourense, logo da constitución de garantía polo importe de sete millóns seiscentas cincuenta mil pesetas (7.650.000) para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ou da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 7 de novembro de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde