Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 24 de setembro de 1997, acordou aprobar incialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, no terreo contiguo que afecta o remate do vial incluído no estudio de detalle presentado por Riquel P. Promotora, S.L. A aprobación inicial, de conformidade co artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, supón a suspensión de outorgamento de licencias para os usos de obras que resultan incompatibles coa ordenanza proxectada, no ámbito que se pretende modificar.

Polo que, en cumprimento do disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, se somete o expediente á información pública na secretaría do concello, durante o prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG, co obxecto de que os interesados poidan examina-la citada documentación e presenta-las alegacións oportunas.

Moaña, 23 de outubro de 1997.

Xabier Abalo Costa

Alcalde