Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOAÑA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, do 23 de setembro de 1997, acordou aprobar definitivamente a modificación da delimitación da unidade de xestión 10 da rúa Ramón Cabanillas, sen modificación sobre a aprobación inicial.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 124 do R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño, e faise saber que este acordo esgota a vía administrativa, polo que se poderá interpoñer contra el recurso contencioso-administrativo ante a sala desta xurisdicción do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a súa notificación ou publicación no DOG. No suposto de interpoñer recurso deberase comunicar previamente por escrito ó órgano que adoptou o acordo, segundo o que dispón o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Moaña, 8 de outubro de 1997.

Cándido Pena Viéitez

Alcalde en funcións