Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BAIONA

CONVOCATORIA pública para elección de xuíz de paz substituto.

Obxecto:

A elección de xuíz de paz substituto do Xulgado de Paz de Baiona de conformidade co disposto no artigo 101 da Lei orgánica do poder xudicial.

Prazo de presentación das solicitudes:

Ata o 15 de decembro de 1997.

Condicións legais dos aspirantes:

1. Ser español.

2. Maior de idade.

3. Non estar incurso nas incapacidades recollidas no artigo 303 da Lei orgánica do poder xudicial.

Documentación que hai que presentar coa solicitude:

1. Certificación de nacemento ou fotocopia autentificada do DNI.

2. Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes, e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2, número 1, a) da Lei 68/1980 referente a se se atopa inculpado ou procesado.

3. Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.

Baiona, 13 de novembro de 1997.

Manuel Ramón Vilar Márquez

Alcalde