Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1997 pola que anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para as contratacións das obras que se citan.

1. Obra: substitución de cubertas, canles e baixantes no grupo San Paio, polígono de Vite, Santiago de Compostela. A Coruña. Expdte.: C-97/REP12.

Orzamento: doce millóns duascentas vintesete mil seiscentas vinteúnha (12.227.621) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: duascentas corenta e catro mil cincocentas cincuenta e dúas (244.552) pesetas.

Garantía definitiva: catrocentas oitenta e nove mil cento cinco (489.105) pesetas.

2. Obra: construcción de ramplas de acceso ós bloques R.6. do polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela. A Coruña. Expdte.: C-97/REP24.

Orzamento: dezaseis millóns seiscentas dezanove mil trescentas noventa e oito (16.619.398) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: trescentas trinta e dúas mil trescentas oitenta e oito (332.388) pesetas.

Garantía definitiva: seiscentas sesenta e catro mil setecentas setenta e seis (664.776) pesetas.

3. Obra: reparación de cubertas e canles das torres 2 e 3 de Labañou. A Coruña. Expdte.: C-97/REP23.

Orzamento: nove millóns novecentas oitenta e oito mil duascentas vinteseis (9.988.226) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: cento noventa e nove mil setecentas sesenta e catro (199.764) pesetas.

Garantía definitiva: trescentas noventa e nove mil cincocentas vintenove (399.529) pesetas.

4. Obra: reparación de tellados no grupo Virxe de Fátima na Rúa. Ourense. Expdte.: OU-97/REP09.

Orzamento: seis millóns corenta e dúas mil cento trinta e cinco (6.042.135) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) meses.

Clasificación: non se esixe.

Garantía provisional: cento vinte mil oitocentas corenta e tres (120.843) pesetas.

Garantía definitiva: duascentas corenta e unha mil seiscentas oitenta e cinco (241.685) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán en cada contrato, estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Calicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do quinto (5) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise

en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio aboarao proporcionalmente o adxudicatario de cada contrato.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1997.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo