De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro), polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os artigos 12 h. e 18.3.1.a do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do l0 de abril), esta Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:
Cancelar, por petición propia, a acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorio de Ensaios para o control de calidade da construcción a G.0.C., S.A., con domicilio en rúa Cantalarrana, 9-baixo, 27370 Rábade (Lugo), na área de:
-HF, área de control de formigón fresco, co número 15051HF95.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1997.
P.D. (Resolución 6-4-1995)
José Antonio Redondo López
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo