Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1997 pola que se cancela a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio G.O.C., S.A. con domicilio en rúa Vilademiño, 30, 15009 A Coruña.

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro), polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os artigos 12.h e 18.3.1.a do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), esta Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:

Cancelar, por petición propia, a acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorio de Ensaios para o control de calidade da construcción a G.O.C., S.A., con domicilio en rúa Vilademiño, 30, 15009 A Coruña, na área de:

-HF, área de control de formigón fresco, co número 15038HF92.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1997.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo