Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se notifica a modificación do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o concurso público para a subministración de dúas máquinas de lavado de caixas de peixe con destino ós portos pesqueiros do Porto do Son e Sada (CO).

No Diario Oficial de Galicia nº 230, do 27 de novembro de 1997 publicouse a resolución da Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras do 18 de novembro de 1997 pola que se anuncia a contratación da subministración, polo procedemento aberto por concurso e trámite de urxencia, de dúas máquinas de lavado de caixas de peixe con destino ós portos pesqueiros de Porto do Son e Sada (CO).

No prego de cláusulas administrativas particulares que rexe para esta contratación advertiuse a existencia dun erro de transcrición que atinxe ó orzamento de licitación fixado para o efecto pola Administración e, conseguintemente, para os importes das correspondentes garantías provisional e definitiva establecidas.

En consecuencia e co obxecto de que os licitadores poidan presentar axeitadamente as súas ofertas, esta secretaría xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Para xeral coñecemento de cantos estivesen interesados no concurso público para a subministración de dúas máquinas de lavado de caixas de peixe con destino ós portos pesqueiros de Porto do Son e Sada (CO), notifícanse a modificación do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe para esta contratación.

Segundo.-O novo prego de cláusulas administrativas particulares estará a disposición dos interesados nos mesmos lugares sinalados no punto 6º

da devandita Resolución do 18 de novembro de 1997.

Terceiro.-Modifícase a data límite de presentación de ofertas indicada no punto 7º da Resolución do 18 de novembro de 1997 e ábrese novamente o prazo de presentación de ofertas, que finalizará ás 14 horas do día no que se cumpran trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1997.

Víctor Vázquez Seijas

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura