Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1997, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de mantemento, conservación e reparación dos equipos e instalacións do Hospital de Conxo mediante procedemento aberto. (Expediente 23-A/97).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño) da Cosellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 54 05 36. Fax: (981) 53 12 55.

2. Categoría do servicio e descrición: categoría 1-servicio de mantemento, conservación e reparación dos equipos e instalacións do Hospital de Conxo, por un importe total de 209.080.008 ptas., IVE incluído.

3. Lugar de execución: Hospital de Conxo.

4. a) Posibilidade de que, de acordo coas normas legais, regulamentarias ou administrativas, se reserve a prestación do servicio a unha determinada profesión: non.

b) Referencia á dita norma legal, regulamentaria ou administrativa:

e) Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio: non.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten para unha parte dos servicios de que se trate: non.

6. Se é o caso, prohibición de variantes: admítense.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-lo servicio: dous anos.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: o que figura no punto 1.

b) Prazo para efectua-la solicitude: 29 de decembrode 1997.

c) Se é o caso, gastos de obtención dos ditos documentos e modalidades de pagamento: non.

9. a) Data límite de recepción de ofertas: 5 de xaneiro de 1998.

b) Persoas admitidas a asistir á apertura de plicas: apertura en acto público.

c) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: na sala de xuntas do Hospital de Conxo, a partir das 10 horas do día 16 de xaneiro de 1998.

10. Garantías esixidas:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

11. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes: mensual, en diñeiro.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995.

13. Datos referentes á situación do prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios: as condicións que se establecen nos apartados 7 e 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: durante tres meses, desde a data de apertura das proposicións.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato e, se é posible, orde de importancia:

-Prezo e desagregamento de custo: ata 5 puntos.

-Sistemas de información, metodoloxía e software para o seguimento, control e operatividade da xestión: ata 5 puntos.

-Programas de mantemento: ata 3 puntos.

-Programa de información e motivación do persoal: ata 2 puntos.

16. Información complementaria: ver servicio que figura no punto 1.

17. a) Data de publicación do anuncio de información previa: 8-8-1997.

b) Data de envío do anuncio: 28 de novembro de 1997.

18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1997.

Manuel Ariza López

Xerente xeral en funcións do Complexo

Hospitalario de Santiago de Compostela