Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.779

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1997, do tribunal II-1A designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ás categorías 21 (monitor ocupacional) e 28 (xefe de estudios de centro de tecnificación deportiva) do grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

En sesión celebrada o día 6 de novembro de 1997 polo tribunal II-1A designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ás categorías 21 (monitor ocupacional) e 28 (xefe de estudios de centro de tecnificación deportiva) do grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12), acordouse:

1º Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso ás categorías 21 (monitor ocupacional) e 28 (xefe de estudios de centro de tecnificación deportiva) do grupo II que terá lugar o día 11 de decembro de 1997 ás

18 horas, no salón de actos pequeno da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sito no edificio administrativo San Caetano, bloque central, en Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 17.30 horas.

2º Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1997.

Juan José Álvarez Pérez

Presidente do tribunal