Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.774

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de novembro de 1997 pola que se publican as bases que rexen a convocatoria do concurso unitario para a provisión de postos de traballo vacantes reservados a funcionarios de Administracción local con habilitación de carácter nacional.

Por Resolución do 28 de outubro de 1997, da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Administraciones Públicas, (BOE do 19 de novembro), convocouse concurso unitario para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

En cumprimento da establecido no apartado 3º do artigo 13 da Orde do 10 de agosto de 1994, do Ministerio para as Administracións Públicas, pola que se dictan normas sobre concursos de provisión de postos reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, esta consellería,

DISPÓN:

Publica-las bases do concurso unitario para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración local con habilitación de carácter nacional correspondentes ó ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Bases polas que se rexe o concurso unitario para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

A. Bases comúns.

Primeira.-Postos vacantes.

Teñen a consideración de postos vacantes para efectos deste concurso, e por tanto ofrécense nel (anexo I):

-Os postos que estando vacantes o 10 de febreiro de 1997, e non incluídos no concurso unitario resolto no data 4-2-1997 (BOE 12-2-1997), non se convocaron no concurso ordinario do presente ano.

-Os postos vacantes con posterioridade ó 10 de febreiro de 1997, dos que as súas respectivas corporacións acordaron a súa inclusión neste concurso unitario de acordo co previsto no parágrafo 2º do Art. 25 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

Non se ofertan en cambio:

-Os postos vacantes, incluídos no concurso unitario convocado por Resolución do 22-10-1996 (BOE do 30 de outubro), e resolto na data 4-2-1997 (BOE do 12 de febreiro). Dado que o 10 de febreiro de 1997 (data límite dada ás corporacións locais polo Art. 19 do R.D. 1732/1994, do 29 de xullo, para remiti-las bases de convocatoria de concurso seguinte, o ordinario de 1997 , á respectiva Comunidade Autónoma), a resolución do concurso unitario de 1996 aínda non fora publicada no BOE, non lle era posible ás corporacións locais oferta-los devanditos postos no concurso ordinario de 1997, e a que descoñecían se continuaban ou non vacantes. Non podendo dispoñer, polo tanto, da posibilidade legal de establecer bases e méritos específicos para a cobertura de tales postos no concurso ordinario de 1997, non é posible conseguintemente incluílos con carácter obrigatorio no presente concurso unitario de 1997, xa que suporía deixar ás corporacións locais sen a posibilidade de establecer bases específicas

na cobertura dos seus postos de habilitados mediante concurso.

-Os postos nos que se produciu a vacancia con posterioridade ó 10 de febreiro de 1997 e a que sendo esta a data límite para remitir ás comunidades autónomas as convocatorias do concurso ordinario de 1997, con ela expira a obriga de oferta-las vacantes no devandito concurso, sendo obrigatorio só ofertalas no seguinte concurso ordinario, é dicir no de 1998.

Segunda.-Participación.

1. Poderán tomar parte no presente concurso os funcionarios con habilitación de carácter nacional, pertencentes ás subescalas a que se refire o artigo 2º do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, podendo solicitar só os postos que, segundo a súa clasificación, correspondan ás subescalas e categorías a que pertencen.

Poderán participar, así mesmo, os funcionarios non integrados nas devanditas subescalas e categorías, pertencentes ós extintos corpos nacionais de secretarios, interventores e depositarios de Administmción local a que se refire a disposición transitoria primeira, 1, do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, nos termos seguintes:

-Os secretarios de primeira, a postos reservados á subescala de Secretaría, categoría superior.

-Os secretarios de segunda, a postos reservados á subescala de Secretaría, categoría de entrada.

-Os secretarios de terceira, a postos reservados á subescala de Secretaría Intervención.

-Os secretarios de concellos a extinguir, a secretarías de concellos con poboación que non exceda de 2.000 habitantes.

-Os interventores, a postos reservados á subescala de Intervención-Tesoureiría, categoría superior, pero unicamente a postos de Intervención.

-Os depositarios, a postos reservados á subescala de Intervención-Tesoureiría, pero unicamente a postos de Tesoureiría.

2. Os funcionarios con nomeamento provisional e os que se atopen en expectativa de nomeamento están obrigados a solicita-la totalidade de postos correspondentes á súa subescala e categoría. Tamén o están os que se atopen en calquera das circunstancias as que se refire o artigo 53.2º do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, os que cesasen na situación de servicios especiais e non tiveran reserva de praza, e os que promocionaran á categoría superior nos termos do artigo 24.2º do mesmo real decreto.

3. Non poderán concursar:

a) Os funcionarios inhabilitados e os suspensos en virtude de sentencia ou resolución administrativa firmes, se non transcorrese o tempo sinalado nelas.

b) Os funcionarios destituídos a que se refire o artigo 148.5º do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, durante o período a que se estenda a destitución.

c) Os funcionarios nas situacións de excedencia voluntaria a que se refire a artigo 29.3, c) e d), da Lei de medidas para a reforma da función pública, se non transcorrese o prazo de dous anos desde o pase a elas.

d) Os funcionarios que non leven dous anos no último destino obtido con carácter definitivo en calquera Administración pública, salvo que concursen a postos reservados á súa subescala e categoría na mesma corporación ou se atopen nos supostos do artigo 20.1, f) da Lei de medidas para a reforma da función pública.

Terceira.-Documentación e prazo para participar.

1. No prazo de 15 días naturais a partir da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado, os funcionarios con habilitación de carácter nacional que desexen tomar parte no presente concurso dirixirán á Subdirección Xeral de Función Pública Local (Rexistro de entrada de documentos do Ministerio para las Administraciones Públicas, r/ María de Molina, 50, 28071 Madrid), a seguinte documentación:

-Solicitude de participación con expresión individualizada de tódolos postos a que concursan e declaración xurada de non estar incursos en ninguna das circunstancias a que se refire o artigo 18.3º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo. A especificación de postos solicitados farase por orde de prelación de adxudicacións, con carácter único para a totalidade de postos que se soliciten. A unicidade da orde de prelación manterase incluso no suposto de solicitar postos de varias subescalas e categorías se a pertenza do concursante a elas o permitira.

-Acreditación do coñecemento da lingua e méritos de determinación autonómica nos termos e para os postos situados en comunidades autónomas que os teñan establecido de acordo co que especifica o apartado B) Bases das comunidades autónomas.

2. Se se solicitaran exclusivamente postos do País Vasco, a documentación dirixirase a Comunidade Autónoma, (Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Administración Local, Duque de Welington, 2, 01010 Vitoria-Gasteiz).

Cuarta.-Méritos xerais.

Os méritos xerais polos que se rexe este concurso son os comprendidos na Resolución de data 28 de outubro de 1997 da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Administracións Públicas, pola que se lle dá publicidade á relación individualizada de méritos xerais dos habilitados nacionais, que inclue os inscritos no Rexistro de Habilitados nacionais ata esa mesma data.

Quinta.-Tribunal de valoración.

1. O tribunal de valoración do presente concurso será o seguinte:

Presidente titular: Juan Corral Villalba.

Presidente suplente:Ana María García Fernández.

Vocais titulares:

Francisco M. Macías Benítez.

Margarita Mª Revillo Pinilla.

Francisco Javier Ramos García.

José Luis Sánchez Santiago.

Norbert Llarás i Marques.

Bernabé Esteban Ortega.

Gloria García Ortuño.

Fernando Alonso Barahona.

César García-Monge Herrero.

Ana Cristina Hidalgo Alonso.

Genaro Conde Rebollar.

Ana de Oleza Ferrandis.

José Mª Endemaño Arostegui.

Noel Zapico Rodríguez.

Pedro Antonio Mas Cladera.

Loreto Díaz Sánchez.

Jesús González Pueyo.

Eva I. Pereda López.

Vocais suplentes:

Ana Mª Blanco Sanz.

Francisco V. de Vera Pinilla.

Antonio Rodríguez-Pastrana Malagón.

Antonio Meneses Tocino.

Lluis Calsina i Vallés.

Miguel Romero Carmona.

Antonio Jover Pérez.

Rosario Sánchez Tapia.

Augusto Martín Agudo.

Teodosio González del Teso.

Jose de Toro Luengo.

Josefa Eugenia Salvador Alamar.

Jose Luis Aguirre Aratibel.

Jose Manuel García Gallo.

Juan José Ferrando Valverde.

Jesús García Porto.

José Benavides y Herrera.

Secretario titular: Antonio Calderón López.

Secretario suplente: Mercedes Martín Sánchez.

2. O tribunal para comprobación do grao de coñecemento da lingua oficial e valoración dos méritos determinados pola Comunidade Autónoma do País Vasco será o que esta Comunidade designe.

Sexta.-Exclusión de concursantes e valoración de méritos.

1. O tribunal de valoración excluirá os concursantes que non reúnan as condicións de participación sinaladas na base segunda, se é caso, ou o requisito de lingua.

A continuación puntuará os méritos dos concursantes non excluídos, do seguinte modo:

-A puntuación por méritos xerais, ata un máximo de 19,50 puntos, deducidos da relación incluída na

resolución publicada conxuntamente con esta convocatoria, non sendo posible acreditación adicional algunha por parte dos concursantes nin valoración distinta por parte do tribunal.

-A valoración de méritos de determinación autonómica, ata un máximo de 3 puntos, conforme a documentación presentada polos concursantes conforme as regras específicas de cada Comunidade Autónoma.

-Respecto dos postos sen méritos de determinación autonómica, o tribunal puntuará exclusivamente os xerais ata un máximo de 19,50 puntos.

2. En caso de empate na puntuación final de méritos de dous ou máis concursantes, o tribunal dará prioridade na proposta de adxudicación a aquel que obtivera maior puntuación por méritos de determinación autonómica. De manterse o empate, a favor de quen en méritos xerais teña maior puntuación nos apartados a), b), c), d) e e), pola dita orde, do artigo 15.1º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo. En última instancia o empate resolverase conforme a orde de prelación no proceso selectivo.

Sétima.-Proposta de resolución.

Trala exclusión e puntuación de concursantes, o tribunal formulará relación comprensiva dos non excluídos coas súas puntuacións, así como relación fundada de excluídos. De acordo coas puntuacións, e coa orde de prelación para o suposto de concursantes que obteñan a máxima puntuación en dous ou máis postos, o tribunal formulará e elevará á Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Administracións Públicas proposta de adxudinación de postos.

Oitava.-Resolución.

A Dirección Xeral da Función Pública do MAP resolverá o concurso de acordo coa proposta formulada polo tribunal de valoración, remitíndoo ás comunidades autónomas e publicándoo no prazo dun mes no Boletín Oficial del Estado.

Novena.-Prazo posesorio.

1. O prazo de toma de posesión nos destinos obtidos no concurso será de tres días hábiles se se trata de postos de traballo da mesma localidade ou dun mes se se trata de primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta.

O devandito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución do presente concurso no Boletín Oficial del Estado.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita publicación.

2. O cómputo de prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licencias que, se é o caso, lles fosen concedidos ós interesados.

3. Por necesidades do servicio, mediante acordo dos presidentes das corporacións en que teña que cesar e tomar posesión o concursante, poderase diferi-lo cesamento e a toma de posesión ata un máximo de tres meses, debendo o segundo deles dar conta de tal acordo á Dirección Xeral da Función Pública do MAP.

Excepcionalmente, por instancia do interesado e por razóns xustificadas, poderá tamén diferirse a toma de posesión, por igual prazo, por acordo entre os presidentes respectivos dando conta á Dirección Xeral da Función Pública do MAP.

Décima.-Irrenunciabilidade e voluntariedade dos destinos.

1. Os destinos adxudicados serán irrenunciables desde o momento no que o tribunal remita á Dirección Xeral da Función Pública do MAP a proposta de adxudicación.

2. Os destinos obtidos neste concurso terán carácter voluntario, non xerando en consecuencia dereito ó aboamento de indemnización por traslado.

Décimo primeira.-Notificación de cesamentos e tomas de posesión.

1. As dilixencias de cesamento e toma de posesión dos concursantes que accedan a un posto de traballo, de acordo coa resolución do concurso, deberán ser comunicadas á Dirección Xeral da Función Pública do MAP e á Comunidade Autónoma respectiva, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se produzan.

2. A toma de posesión determina a adquisición dos dereitos e deberes funcionariais inherentes ó posto, pasando a depende-lo funcionario da correspondente corporación.

Duodécima.-Normas para a Comunidade Autónoma do País Vasco.

As institucións forais procederán á resolución do concurso e á súa remisión á Comunidade Autónoma.

O órgano competente da Comunidade Autónoma do País Vasco e a Dirección Xeral de Función Pública efectuarán a coordinación precisa para evita-los nomeamentos múltiples nos supostos en que os interesados obteñan simultaneamente postos en corporacións locais da Comunidade Autónoma do País Vasco e dalgunha outra.

Décimo terceira.-Recursos.

Os actos administrativos no procedemento de concurso unitario poderán ser impugnados conforme o previsto nos artigos 114 a 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

B. Bases das comunidades autónomas.

O coñecemento de lingua e méritos de determinación autonómica serán esixidos nos ternos en que,

para cada Comunidade Autónoma, detallan as bases seguintes:

Méritos de determinación autonómica da Comonidade Autónoma de Galicia. (Decreto 136/1997, do 5 de xuño).

1. Meritos polo coñecemento das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia.

Os méritos correspondentes ó coñecemento das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia ós que, de conformidade co establecido no artigo 99.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, se atribúe o 10% da puntuación total posible nos concursos para a provisión de postos de traballo de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, son os seguintes:

Experiencia profesional: consistente no exercicio de funcións na Administración autonómica ou nas entidades locais de Galicia, que impliquen o coñecemento das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia.

Cursos de formación e perfeccionamento superados, homologados ou recoñecidos pola Escola Galega de Administración Pública e que teñan por obxecto a aprendizaxe das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia.

Actividade docente: dirixida ó ensino das materias sobre organización territorial e normativa de Galicia, réxime local, urbanismo e réxime económico-financeiro das entidades locais en cursos organizados pola EGAP ou en colaboración con esta.

Publicacións: en materias relativas ás especialidades de organización territorial e da normativa de Galicia.

2. Valoración de méritos.

A proporción que corresponde a cada unha das clases de méritos expresados no artigo anterior, dentro da porcentaxe do 10% da puntutación total posible asignada para o coñecemento das especialidades autonómicas, que é de 3 puntos, é a seguinte:

Experiencia profesional: ata un 30% do total de puntos que, na puntuación total, correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas.

Cursos de formación e perfeccionamento: ata un 50% do total de puntos que, na puntuación total, correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas, en función do nivel académico do curso.

Actividade docente: ata un 10% do total de puntos que, na puntuación total correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas.

Publicacións: ata un 10% do total de puntos que na puntuación total, correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas.

3. Regras para a puntuación de méritos.

Experiencia profesional: os servicios prestados valoraranse da seguinte forma:

-Servicios prestados en postos de traballo do mesmo grupo ou superior de funcionarios que o correspondente á subescala á que se concursa: 0,02 puntos/mes.

-Servicios prestados en postos de traballo asignados ó grupo de funcionarios inmediatamente inferior á subescala á que se concursa: 0,01 puntos/mes.

Máximo: 0,90 puntos.

Cursos de formación e perfeccionamento: a valoración dos cursos, con exclusión dos que formen parte dos procesos selectivos correspondentes, efectuarase da forma seguinte:

Teranse en conta, unicamente, os cursos impartidos pola EGAP ou, en colaboración con ela, polas universidades, centros de ensino superior ou outros órganos competentes en materia de formación e perfeccionamento dos funcionarios, sempre que sexan homologados polo EGAP, para efectos deste artigo.

A puntuación de cada curso dentro da escala de 0,10 a 1,5 será establecida pola EGAP en función da relación da materia impartida coas funcións reservadas ós funcionarios con habilitación nacional, o grao de dificultade do curso, o número de horas lectivas e o sistema de avaliación.

As convocatorias dos cursos formuladas pola EGAP indicarán a puntuación outorgada para os efectos deste precepto.

Para o suposto de que a puntuación dos cursos non estivese determinada nas súas convocatorias, a valoración farase exclusivamente respecto daqueles cursos nos que a materia impartida teña relación coas funcións reservadas ós funcionarios con habilitación de carácter nacional, da forma seguinte:

-Cursos con certificado de asistencia: 0,10 puntos por curso.

-Cursos con certificado de aproveitamento de ata 40 horas: 0,20 puntos por curso.

-Cursos con certificado de aproveitamento de máis de 40 horas: 0,40 puntos por curso.

Non se valorarán os diplomas relativos á celebración de xornadas, seminarios, simposios e similares.

Máximo: 1,5 puntos.

Actividade docente: valorarase cun máximo de 0,3O puntos, a razón de 0,01 puntos por hora impartida en cursos, excluíndose xornadas, seminarios, simposios ou similares.

Publicacións de monografías ou artigos sobre materias relativas ás especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia. Por cada monografía: 0,10 puntos; por cada artigo 0,05 puntos. A puntuación máxima será de 0,30 puntos. Só se

valorarán as monografías ou artigos aparecidos en publicacións con ISBN o ISSN.

4. Acreditación de méritos.

Os concursantes acreditarán os méritos que aleguen mediante a presentación do certificado correspondente ou a copia do título debidamente compulsada.

5. Valoración dos méritos polos tribunais.

O tribunal de valoración do concurso comprobará e valorará os méritos alegados de acordo coas regras e as puntuacións establecidas neste decreto.

ANEXO I

POSTOS DE TRABALLO QUE SE OFERTAN NO PRESENTE

CONCURSO UNITARIO

CLASE DE POSTOC. POSTOLOCALIDADEPROVINCIA

COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

SECRETARÍA CLASE 1ª
1509001BETANZOSA CORUÑA
1530001CULLEREDOA CORUÑA
1534001FENEA CORUÑA
2713001CERVOLUGO
3624001LALÍNPONTEVEDRA
3642003PONTEAREASPONTEVEDRA

SECRETARÍA CLASE 2ª
1519501CARIÑOA CORUÑA
1524002CERCEDAA CORUÑA
1529001CORISTANCOA CORUÑA
1542001MALPICA DE BERGANTIÑOSA CORUÑA
1555001NEGREIRAA CORUÑA
1565001PINO (O)A CORUÑA
1566001POBRA DO CARAMIÑAL, (A)A CORUÑA
1567001PONTECESOA CORUÑA
1586001VALDOVIÑOA CORUÑA
1591001VIMIANZOA CORUÑA
1592001ZASA CORUÑA
2729001MONDOÑEDOLUGO
2731001MONTERROSOLUGO
2759001TABOADALUGO
3268001RIBADAVIAOURENSE
3605001CALDAS DE REISPONTEVEDRA
3615001CUNTISPONTEVEDRA
3641001PONTE-CALDELASPONTEVEDRA
3647001ROSAL, (O)PONTEVEDRA
3648001SALCEDA DE CASELASPONTEVEDRA
3658001VILA DE CRUCESPONTEVEDRA

SECRETARÍA CLASE 3ª
2734001NEGUEIRA DE MUÑIZLUGO
2744001PEDRAFITA DO CEBREIROLUGO
2751001RIBAS DE SILLUGO
27C1201MAN. DA MARIÑA LUCENSELUGO
3251001MUÍÑOSOURENSE
3614001CRECENTEPONTEVEDRA

INTERVENCIÓN CLASE 1ª
1530002CULLEREDOA CORUÑA
1534002FENEA CORUÑA
2713002CERVOLUGO
2730001MONFORTE DE LEMOSLUGO
3200101OURENSE (Deputación)OURENSE
3200102OURENSE (Concello)OURENSE
3608001CANGASPONTEVEDRA
3617001ESTRADA, (A)PONTEVEDRA
3624002LALÍNPONTEVEDRA
3642001PONTEAREASPONTEVEDRA

INTERVENCIÓN CLASE 2ª
1501001ABEGONDOA CORUÑA
1502001AMESA CORUÑA
1506001ARZÚAA CORUÑA
1508001BERGONDOA CORUÑA
1514001CABANA DE BERGANTIÑOSA CORUÑA
1516001CAMARIÑASA CORUÑA
1519502CARIÑOA CORUÑA
1523001CEEA CORUÑA
1524001CERCEDAA CORUÑA
1536001FISTERRAA CORUÑA
1542002MALPICA DE BERGANTIÑOSA CORUÑA
1550001MUGARDOSA CORUÑA
1551001MUXÍAA CORUÑA
1552001MUROSA CORUÑA
1556001NOIAA CORUÑA
1558001ORDESA CORUÑA
1561001OUTESA CORUÑA
1564001PADRÓNA CORUÑA
1565002PINO, (O)A CORUÑA

CLASE DE POSTOC. POSTOLOCALIDADEPROVINCIA

1566002POBRA DO CARAMIÑAL, (A)A CORUÑA
1567002PONTECESOA CORUÑA
1570002PORTO DO SONA CORUÑA
1581001TEOA CORUÑA
1583001TORDOIAA CORUÑA
1586002VALDOVIÑOA CORUÑA
1591002VIMIANZOA CORUÑA
1592002ZASA CORUÑA
2716001CHANTADALUGO
2725001XOVELUGO
2729002MONDOÑEDOLUGO
2740002PANTÓNLUGO
2757001SAVIÑAO, (O)LUGO
2758002SOBERLUGO
2765001VIVEIROLUGO
3232001XINZO DE LIMIAOURENSE
3284001VERÍNOURENSE
3603001BAIONAPONTEVEDRA
3605002CALDAS DE REISPONTEVEDRA
3615002CUNTISPONTEVEDRA
3630001MONDARIZPONTEVEDRA
3647002ROSAL, (O)PONTEVEDRA
3651001SILLEDAPONTEVEDRA
3657001VILABOAPONTEVEDRA
3658002VILA DE CRUCESPONTEVEDRA

TESOUREIRÍA
1509003BETANZOSA CORUÑA
1509003CULLEREDOA CORUÑA
1534003FENEA CORUÑA
2700101LUGOLUGO
2713003CERVOLUGO
3600101PONTEVEDRAPONTEVEDRA
3608002CANGASPONTEVEDRA
3624003LALÍNPONTEVEDRA
3642002PONTEAREASPONTEVEDRA
3659001VILAGARCÍA DE AROUSAPONTEVEDRA

OFICIAL MAIOR CLASE 1ª
3200103OURENSE (Concello)OURENSE

OFICIAL MAIOR CLASE 2ª
1535001FERROLA CORUÑA

VICE-INTERVENCIÓN CLASE 1ª
3200105OURENSE (Concello)OURENSE

ADXUNTO A TESOUREIRÍA 3ª
3604002BUEUPONTEVEDRA

AGRUPACIÓN SECRETARÍA CLASE 3ª
2737001OUROLLUGO

AGRUPACIÓN INTERVENCIÓN CLASE 2ª
2710001CASTRO DE REILUGO
3612002COTOBADEPONTEVEDRA