Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.762

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexixtro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do comercio de mobles.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector do comercio de mobles, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-9-1997, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Comercio del Mueble,e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO. e UGT o 25-8 1997; de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo o Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en matería de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistros de convenios colectivos de traballo que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Calicia.

Vigo, 29 de setembro de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para o sector de comercio de mobles. Pontevedra

Artigo 1º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes do presente convenio as centrais sindicais Comisións Obreiras (CC.OO.) e a Unión Xeral de Traballadores (UGT), en representación dos traballadores e a Asociación Provincial de Empresarios do Comercio de Mobles, en representación dos empresarios do sector.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente convenio afectará a tódalas empresas relacionadas coa actividade do comercio de mobles da provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

O presente convenio regulará as relacións laborais de tódalas; empresas recollidas pola ordenanza de traballo para o comercio e que estean encadradas no sector da venda de mobles da provincia de Pontevedra.

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

0 convenio afectará á totalidade do persoal técnico, administrativo, subalterno e obreiro do comercio de mobles.

Artigo 5º.-Efectos económicos.

O presente convenio entrará en vigor ós 20 días do seu asinamento, sen prexuízo da súa publicación no BOP, se ben os seus efectos económicos se retrotraerán ó 1 de xaneiro de 1997.

Artigo 6º.-Duración.

A duración deste convenio será dun ano, contado a partir do 1 de xaneiro de 1997, finalizando os seus efectos o 31 de decembro de 1997.

Artigo 7º.-Rescisión e revisión.

0 convenio poderá rescindirse mediante o aviso previo formulado en tempo e forma, de acordo coa lexislación vixente, cunha antelación dun mes á data de terminación da súa vixencia.

Artigo 8º.-Absorción.

Os aumentos concedidos polo presente convenio absorberán os que por imperativo legal se impuxeran posteriormente durante a súa vixencia.

Artigo 9º.-Salarios.

Todo o persoal afectado polo convenio percibirá desde o 1 de xaneiro de 1997, as retribucións consignadas na táboa anexa ó convenio, incrementadas se é o caso, co plus de antigüidade.

Artigo 10º.-Revisión salarial.

No caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 1997 un incremento respecto ó 31 de decembro de 1996, superior ó 2,6%, o dito exceso servirá de base para a negociación do ano 1998.

Para iso, no momento da negociación do convenio colectivo do ano 1998, procederase a cuantifica-lo dito exceso, calculado sobre os salarios utilizados

para realiza-los aumentos pactados para 1997. A cuantificación do dito exceso engadiráselle ós salarios vixentes o 31 de decembro de 1997 e sobre a cantidade resultante calalaranse os incrementos salariais para 1998.

Artigo 11º.-Antigüidade.

Os aumentos periódicos por anos de servicio consistirán en cuadrienios na contía do 5% do salario base correspondente á categoría no que está clasificado.

Artigo 12º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio pecibirá aualmente tres gratificacións extraodinarias, polo importe dunha mensualidade cada unha, nos meses de marzo ( paga de beneficios), xullo e decembro, que se aboarán de acordo co salario do convenio máis antigüidade, se ó caso.

Artigo 13º.-Xornada laboral.

A xornada laboral semanal será de 40 horas de taballo efectivo, en xornada diaria continuada ou partida. Cando por razóns obxectivas sexa necesario, as partes negociarán outros sistemas de cómputo e control, respectándose, en todo caso, o tempo máximo semanal mencionado.

O horario de traballo fixarase en cada empresa, tendo en conta que a prestación de servicios se realizará de luns a sábado pola mañá.

Artigo 14º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio terá dereito a 30 días naturais de vacacións anuais, que se desfrutarán, preferentemente entre os meses de xuño a setembro, ambas inclusive.

Para a elección de quenda por parte dos traballadores, seguirase en cada centro de traballo unha orde rotativa de preferencia de tal forma que, quen tivo preferencia na elección de quenda o pasado ano, pasa a se-lo último á hora de elixir quenda no presente. Acórdase un aviso previo mínimo de 60 días, para o establecemento da correspondente quenda de vacacións.

Artigo 15º.-Plus de transporte.

Establécese para todo o persoal das empresas afectadas por este convenio, un plus de transporte de trescentas noventa pesetas por día efectivo de traballo (incluído o sábado), polo que non se terá dereito a este plus en días que non se asista ó traballo.

Artigo 16º.-Gratificación especial ós escaparatistas.

0 persoal non contratado como escaparatista que, non obstante, realice con caracter normal a función de ornamentación de escaparates nos establecementos, terá dereito, no concepto de gratificación especial, a un plus do 10% do seu salario base.

Artigo 17º.-Condicións más beneficiosas.

Tendo a consideración de bases mínimas as establecidas neste convenio, serán respectadas as condicións máis beneficiosas que as empresas afectadas

polo mesmo tiveran xa concedidas ó seu respectivo persoal.

Artigo 18º.-Pezas de roupa de traballo.

As empresas facilitaranlle ó seu persoal dúas vestimentas ó ano, en concepto de uniforme ou útiles de traballo, ou o seu equivalente en metálico, se é o caso.

Artigo 19º.-Licencias.

Os traballadores terán dereito a unha licencia retribuída de ata un máximo de catro días naturais ó ano, por necesidade de atender persoalmente asuntos propios que non admitan demora, téndose en conta para iso os desprazamentos que o traballador teña que facer e as demais circunstancias que no caso concorran.

Esta licencia, demostrada a súa indubidable necesidade, concederase no acto, sen prexuízo das sancións que poidan imporse ó traballador que alegue causas que resulten falsas, de acordo co establecido ó respecto na actual ordenanza laboral de comercio.

Igualmente, nos casos de morte ou enterramento do cónxuxe, ascendentes, descendentes ou irmáns, así como enfermidade grave de cónxuxe, pais e fillos e parto de esposa, os traballadoras terán dereito a unha licencia retribuída de ata cinco días naturais, téndose en conta para iso os desprazamentos que o traballador teña que realizar e as demais circunstancias que no caso concorran.

Así mesmo, o traballador terá dereito a unha licencia retribuída dun día sen necesidade de ser xustificada. A dita licencia non poderá ser acumulable a períodos vacacionais e deberá ser solicitada cunha antelación de 10 días, polo menos.

Esta última licencia desapacerá automáticamente do convenio, no suposto de que se produza con carácter xeral e a nivel nacional unha reducción da xonnada.

Artigo 20º.-Días 24 e 31 de decembro.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán de descanso as tardes dos días 24 e 31 de decembro. As citadas tardes consideraranse aboables e non recuperables.

Estas licencias desaparecen automáticamente do convenio, no suposto de que se produza, con carácter xeral e a nivel nacional unha reducción da xornada.

Artigo 21º.-Saídas de viaxe e axudas de custo.

Ó persoal ó que se lle confira algunha comisión de servicios fóra da súa residencia habitual de traballo, terá dereito a que se lle aboen os gastos que tivera efectuado, logo da presentación dos xustificantes correspondentes.

En compensación daqueles gastos que teñan unha xustificación que non resulte posible, o persoal terá dereito ademais, a unha axuda de custo de 299 ptas. e 470 ptas. diarias, respectivamente, segundo que o desprazamento sexa por media xornada ou completa.

Artigo 22º.-Desconto en compras.

O desconto mínimo nas compras que realice o persoal nas súas respectivas empresas será do 15% sobre o prezo de venda ó público, agás nos artigos de oferta ou rebaixa, respectándose as situacións máis favorables que se veñan dando.

Artigo 23º.-Comisión paritaria.

De acordo co establecido no artigo 85 do Estatuto dos traballadores, créase unha comisión paritaria integrada por un presidente, un secretarrio e dous vocais pola representación dos empresarios e outros dous pola representación dos traballadores, coa asosoría correspondente.

Esta comisión constituirase no prazo dos 15 días seguintes á aprobación do convenio.

Disposición adicional

As partes nomean unha comisión paritaria que, en principio, estará formada polos mesmos membros que o foran da comisión negociadora do presente convenio, para o estudio e subseguinte incorporación ó convenio colectivo do ano 1998 das directrices do acordo marco do comercio de 1996, no referido ás categorías profesionais.

Vigo, 26 de agosto de 1997.

Táboa salarial anexa do convenio colectivo de traballo provincial para o sector do comercio de mobles de Pontevedra

Vixencia do 1-1-1997 ó 31-12-1997

CategoríasSalario

mensual

Grupo I
Encargado83.878
Viaxante83.052
Dependente83.463
Axudante de dependente82.637
-Traballadores en formación (por 30 horas semanais de traballo efectivo):
* De 16 anos32.096
* De 17 anos50.927

Grupo II
Oficial administrativo83.463
Auxiliar administrativo82.547
Aspirante82.637
Auxiliar de caixa de máis de 22 anos83.052
Auxiliar de caixa ata 22 anos82.637

Grupo III
Delineante83.463
Profesional de oficio de 1ª83.463
Profesional de oficio de 2ª83.052
Mozo especializado82.718
Mozo82.637

Os choferes percibirán o salario correspondente ás categorías de profesional de oficio de 1ª ou 2ª, de acordo co seu carné de conducir.