Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.756

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Construcciones Alea, S.L. de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Construcciones Alea, S.L. (código nº 3200162), de Ourense, con entrada nesta delegación provincial subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa, en xuntanza celebrada o día 19-9-1997, e de conformidade co disposto no artigo 902º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa incripción no rexistro desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 26 de setembro de 1997.

Manuel A. Cao Fernández

Delegado provincial Acctal. de 0urense

Convenio colectivo provincial para a empresa Construcciones Alea, S.L.

1997-1998

Capítulo I

Ámbito e vixencia

Artigo lº.-Ámbito.

1. O presente convenio afecta a tódolos traballadores que presten os seus servicios na empresa na provincia de Ourense, así como os contratados durante a vixencia del. Igualmente afecta ós traballadores que estando afiliados en Ourense se despracen a outras provincias por necesidades de traballo.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

1. O presente convenio substitue e anula tódolos anteriores, mesmo o vixente na actualidade, e entrará en vigor o día da súa publicación no BOP de Ourense.

2. Os efectos económicos, entendéndose por estes única e exclusivamente as diferencias salariais que se deriven do incremento acordado sobre a táboa

salarial, entrarán en vigor a partir do 1 de xaneiro de 1997.

3. O presente convenio terá unha duración de dous anos, entendéndose desde o 1 de xaneiro de 1997 ata o 31 de decembro de 1998, e será prorrogado por un período igual, agás denuncia por calquera das partes cunha antelación mínima de tres meses á data do 31 de decembro de 1997. A dita denuncia deberá facerse por escrito e comunicada en forma á outra parte.

4. En caso de non ser denunciado no tempo e forma anteriormente expresados e prorrogado por igual período de vixencia, a revisión salarial realizanse conforme os criterios que establecen no presente convenio.

Artigo 3º.-Revisión.

Para o segundo ano de vixencia, isto é, para o período do 1 de xaneiro de 1998 ó 31 de decembro de 1998, a táboa de salarios revisarase logo de negociación do comité de empresa co representante legal desta tomando como orientación e recomendación a normativa vixente no que respecta á xornada e demais tomas de carácter social.

Artigo 4º.-Lexislación complementaria.

Para todo o non previsto no presente convenio haberá que aterse ó disposto no estatuto, ordenanza e lexislación en vigor.

Capítulo II

Contrato de traballo

Artigo 5º.-Contrato de traballo.

A. Regulación xeral.

1. O contrato de traballo sera subscrito entre a empresa e o traballador, obrigatoriamente por escrito, con entrega dun exemplar a este, de acordo co formato aprobado por disposición de carácter normativo, que necesariamente deberá ser rexistrado na oficina de emprego á que pertenza o centro de traballo ó que se incorpore o traballador e entregada unha copia del (copia básica) ó representante dos traballadores.

2. En ningún caso se poderá comezar a traballar sen que previamente se procedese á inscrición do traballador na Seguridade Social.

B. Subcontratación.

1. Cando a empresa contrate ou subcontrate con outros a realización de obras ou servicios correspondentes á propia actividade daqueles, deberá comprobar que os ditos contratistas estean ó corrente no pagamento das cotas á Seguridade Social. Para o efecto solicitará por escrito, con identificación da empresa afectada, certificado de estar ó corrente nos pagamentos da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

2. A empresa contratada, nun prazo máximo de trinta días, deberá presenta-lo certificado indicado no punto anterior. Transcorrido este prazo, quedará exonerada de responsabilidade a empresa principal.

Artigo 6º.-Período de proba.

1. Poderá concertarse por escrito un período de proba que en ningún caso poderá exceder de:

a) Técnicos titulados superiores: 6 meses.

b) Empregados:

Niveis III, IV e V: 3 meses.

Niveis VI ó X: 2 meses.

Resto de persoal: 15 días naturais.

c) Persoal operario:

Encargados e capataces: 1 mes.

Resto de persoal: 15 días naturais.

2. Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes, á súa categoría profesional e posto de traballo que desempeñe, como se fose de cadro de persoal, agás os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso, sen necesidade de previo aviso e sen que ningunha das partes teña dereito a ningunha indemnización, debéndose comunica-lo desestimento por escrito.

3. Transcorrido o período de proba sen que se producise o desistimento, o contrato producirá plenos efectos; computarase o tempo dos servicios prestados para efectos de antigüidade.

Capítulo III

Clasificación profesional

Artigo 7º.-Clasificación do persoal.

A clasificación do persoal afectado polo presente convenio é simplemente enunciativa e non supón obriga de ter cubertas tódalas prazas enumeradas, se as necesidades da actividade da empresa non o requiren.

Artigo 8º.-Clasificación por niveis e categorías profesionais.

NiveisCategorías

IITítulo superior

IIITitulo medio

Xefe 1ª administrativo

IVAxudante de obra

Encargado xeral

Xefe de persoal

VDelineante superior

Xefe administrativo

VIDelineante de primeira

Topógrafo

Encargado de obra

Oficial 1ª administrativo

VIIDelinenate de 2ª

Capataces

Topógrafo práctico de 2ª

VIIIOficial 2ª administrativa

Oficial 1ª oficio

IXOficial 2ª oficio

Auxiliar administrativo

XSerenos e almaceneiro

XIPeón especializado

XIIPeóns ordinarios

XIIITraballadores de 17 anos

Capítido IV

Tempo de traballo

Artigo 9º.-Xonada laboral.

1. Durante a vixencia do presente convenio establécese unha xornada laboral anual de 1.764 horas.

2. A xornada semanal establécese en corenta horas de traballo efectivo distribuídas en oito horas diarias de luns a venres ambos inclusive.

3. Para axusta-lo calendario laboral anual no presente exercicio de 1997, fíxanse como días non laborables o 2 de febreiro, 2 de maio, 24 de xullo, 14 de agosto, 10 de novembro, 24, 26 e 3l de decembro. O 30 de decembro verase reducida a xornada en 4 horas.

Artigo 10º.-Vacacións.

1. As vacacións; terán unha duración de trinta días naturais para tódalas categorías.

2. O total dos días anuais de vacacións poderá distribuílo a empresa para efectos de desfrute da forma seguinte: quince días ininterrumpidos para desfrutar preferentemente en verán. O resto para desfrutar de acordo entre o traballador e a empresa, atendendo preferentemente ás necesidades do traballo.

3. Independentemente do reflectido nos parágrafos anteriores, a empresa poderá da-las vacacións a todo ou parte do persoal en dúas veces ou quendas, sendo a primeira en verán e a segunda en inverno.

4. Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de ILT, sexa cal for a causa. Non obstante, dado que o dereito de desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase este se ó vencemento deste o traballador continuase de baixa aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de incapacidade laboral transitoria.

Artigo 11º.-Permisos e licencias.

A empresa concederalles licencias retribuídas ós traballadores que o soliciten nos seguintes casos:

a) Por matrimonio: 15 días naturais.

b) Por matrimonio de fillos: 2 días naturais.

c) Por falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 2 dias naturais. Cando con tal motivo o traballador necesite facer

un desprazamento para o efecto, o prazo será de 4 días naturais.

d) Por parto da esposa: 2 días nuturais. Se concorre enfermidade grave no parto, aumentarase a 4 días naturais.

e) O traballador terá dereito á asistencia médica o tempo necesario e retribuído, presentando o xustificante correspondente.

Capitulo V

Retribucións

Artigo 12º.-Táboa salarial.

Establécese unha táboa de percepcións económicas para a xornada laboral ordinaria, así como para as horas extraordinarias que será, para cada traballador, a que corresponda á súa categoría profesional sen discriminación ningunha por razón de sexo, e que se contén no anexo I deste convenio.

Artigo 13º.-Plus de asiatencia.

1. Establécese un plus de asistencia para os productores das categorías II a XIII con rendemento normal e que non teñan ningunha falta de asistencia non xustificada ó traballo (importe segundo anexo I).

2. A primeira xorna da non traballada completa suporá a perda de 4 días de plus, a segunda a perda de 10 días de plus e a terceira a perda total. As faltas non xustificadas computaranse dentro de cada mes natural. Para a determinación do plus de asistencia diaria, dividirase en vintecinco a camtidade que figura baixo este concepto en táboa salarial que se contén no anexo I deste convenio.

3. A perda deste plus é independente das sancións que marca a ordenanza laboral e demais disposicións sobre a materia.

Artigo 14º.-Desgaste de ferramentas.

Establécese unha indemnización por desgaste de ferramentas para aqueles traballadores ós que non lles sexan facilitadas; pola empresa, consistente en 34 pesetas por cada día de traballo efectivo para os niveis VII, VIII e IV e de 21 pesetas para os niveis X e XI. A empresa determinará os casos particulares de achega de ferrantentas; polo traballador.

Artigo 15º.-Antigüidade.

A antigüidade queda conxelada na base do ano 1988, no sentido de que quedan conxelados; os prezos dos bienios e quinquenios calculados sobre aquela base. É dicir, o prezo de tódolos bienios devengados e que se devenguen no futuro para categorías niveis do 2 ó 12 é de 2.317 pesetas (cinco por cento de 46.347 pesetas). O prezo de tódolos quinquenios devengados e que se devenguen no futuro é o de 3.244 ptas. (sete por cento de 46.347 pesetas). Non obstante, respectaranse aquelas cantidades que a título persoal veñan percibindo os traballadores por este concepto, sen que caiba compensalas no cómputo xeral do convenio. É dicir, o prezo dos bienios

e dos quinquenios que sexan superiores ós que se sinalan neste convenio e sexan pagados na actualidade polas empresas manteranse, quedando con esta data conxelado na dita contía.

Artigo 16º.-Gratificacións extraordinarias.

1. Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito exclusivamente a dúas pagas extraordinarias o, que se aboarán nos meses de xuño e decembro.

2. A contía das pagas extraordinarias non se devengará entrementres dure calquera das causas de suspensión de contrato previstas no artigo 45 da Lei do Estatuto dos traballadores.

3. Os traballadores que ingresen ou cesen no transcurso de cada semestre natural devengarán a paga en proporción ó tempo de permanencia na empresa durante este, de acordo no que determina o artigo 62 do convenio xeral.

Artigo 17º.-Axudas de custo.

Establécese unha axuda de custo igual para tódalas categorías de dúas mil oitocentas, pesetas (2.800 ptas.) diarias e unha media axuda de custo de mil duascentas pesetas (1.200 ptas.) diarias.

Non obstante, pódense substituí-los ditos importes pola fórmula que, de común acordo, ha de se establecer, de gastos para xustificar.

Artigo 18º.-Indemnización en caso de accidente ou hospitalización.

Tódolos traballadoras da empresa, en caso de accidente laboral ou hospitalización, percibirán, durante o período de hospitalización ou da ILT para accidente con cargo á empresa, a diferencia entre a cantidade fixada pola Seguridade Social e o importe do salario que viña percibindo nunha mensualidade normal, de tal forma que durante o período de ILT perciba o 100 por 100 da mensualidade normal.

Artigo 19º.-Pagamento de salarios.

1. A empresa queda obrigada a aboa-los salarios dentro dos cinco primeiros días hábiles do mes seguinte ó mes vencido en que se devenguen.

2. A empresa destinará ó pagamento a hora inmediatamente seguinte á de finalización da xornada ordinaria. Cando por necesidades organizativas se realice o pagamento dentro da xornada laboral, esta interromperase e prolongarase despois do horario de traballo polo tempo investido no pagamento, sen que en ningún caso tal prolongación poida exceder dunha hora.

3. O tempo investido no pagamento de retribucións e anticipos por conta delas quedará exento do cómputo da xornada laboral, considerándose como de mera permanencia no centro de traballo e polo tanto non retribuído para ningún efecto.

4. 0 traballador deberá facilitarlle á empresa, o mesmo tempo do seu ingreso ou incorporación a ela,

o seu número de identificación fiscal (NIF), de conformidade coa normativa aplicable ó respecto.

Capítulo VI

Compensación e absorción

Artigo 20º.-Composición e absorción.

Tendo en conta a natureza deste convenio, tódalas melloras económicas como de tipo social que poidan aparecer por disposición oficial durante a súa vixencia non terán eficacia práctica e, en consecuencia, serán absorbidas por este, se as condicións deste convenio, consideradas globalmente e en cómputo anual, superan as citadas melloras.

Capítulo VII

Cesamentos e indemnizacións

Artigo 21º.-Cesamentos e indemnizacións.

En relación cos contratos, segundo o carácter adquirido polos traballadores en razón de permanencia e funcións ó servicio da empresa os cesamentos axustaranse ós seguintes requisitos:

a) O persoal fixo de obra cesará cando termine os traballos da súa especialidade na obra en que viñese prestando os seus servicios. A indemnización que se establece para estes traballadores; consistirá no 4,5 por cento, calculado sobre o salario base das táboas do comercio devengados durante a vixencia do contrato.

b) Os traballadores que formalicen outros contratos dos regulados no Real decreto 8/1997, ou normas que os substitúan, terán dereito, unha vez rematado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a unha indemnización por conclusión do 4,5 por 100, se a duración fose inferior, igual ou posterior a 181 días, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable, devengados durante a vixencia do contrato.

Capítulo VIII

Disposicións varias

Artigo 22º.-Prima de casado.

A todo traballador que leve como mínimo un ano de antigüidade na empresa e que contraia matrimonio outorgaráselle unha gratificación ou prima por matrimonio de cinco mil pesetas (5.000 ptas.).

Artigo 23º.-Roupa de traballo.

Ó persoal afectado por este convenio seralle entregada pola empresa unha peza de roupa ou funda e un par de botas normais, axeitadas ó centro de traballo, cada seis meses; será obrigatorio o seu uso cando o traballo o requira. A dita roupa será en todo momento propiedade da empresa e o traballador virá obrigado á súa boa conservación e uso. A empresa poderá facer constar na devandita roupa o seu anagrama ou o da actividade.

Artigo 24º.-Póliza de seguros de indemnizacións.

1. Establécense as seguintes indemnizacións para tódolos traballadores afectados polo presente convenio:

a) En caso de morte derivada da enfermidade común en accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable vixentes en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade permanente, absoluta ou gran invalidez, derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a empresa aboará 4.500.000 ptas., para o que se compromete a unha compañía de seguros con delegación na praza.

2. Nos supostos de morte, as indemnizacións establecidas aboaránselle á viúva ou beneficiarios do traballador, segundo as normas da Seguridade Social.

3. A referida póliza só abranguerá os procesos iniciados a partir da vixencia e validez dela.

4. Esta indemnización é compatible coa pensión ou indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social ou mutualidade. Non obstante o anterior, a indemnización pagada con cargo ás pólizas de seguro de accidente terán a consideración de entregas a conta das indemnizacións que no seu día fixen os xulgados e tribunais de xustiza por sentencia definitiva e firme e que sexan por conta da empresa.

Artigo 25º.-Seguridade e hixiene no traballo.

O traballador poderá poñerse de acordo coa empresa para acudir a cursos de seguridade e hixiene que se organicen a través da Comisión Provincial

de Seguridade e Hixiene e que teñan relación directa coa súa actividade.

Disposición adicional I

Comisión mixta paritaria

Para interpreta-lo contido deste convenio, vixia-lo seu cumprimento ou exerce-las funcións de arbitraxe nos problemas e cuestións suscitadas; como consecuencia da aplicación del, noméase unha comisión mixta que está formada da seguinte maneira:

Por parte da empresa, o representante que interveu na confección do presente convenio ou, no seu defecto, outra persoa con representación legal.

Por parte dos traballadores, o presidente do comité de empresa e os dous compoñentes de máis idade do dito comité.

Ámbalas partes poderán solicita-la designación de asesores ou expertos no número que coiden conveniente.

As funcións e actividades da comisión mixta non obstruirán en ningún caso as accións laborais correspondentes.

Disposición adicional II

Cláusula especial

0 persoal que cese incumprindo o requisito de llo comunicar á empresa con oito días de antelación perderá o dereito á parte proporcional das gratificacións extraordinarias de verán e Nadal. A dita notificación deberá facela verbalmente ou por escrito, con obrigatoriedade por parte da empresa, de, expedir xustificante acreditativo da dita petición.

ANEXO I

Táboa de retribucións para o período 1-1-1997 ó 31-12-1997 da empresa Construcciones Alea, S.L.

NiveisCategoríasSoldo base mensualPlus de asistenciaTotal mesPagas extrasVacaciónsHoras extras
XulloNadal

IITítulo superior100.67423.465124.139119.903119.903119.9031.049

IIITítulo medio

Xefe de 1ª Adm.

100.22923.025123.254119.548119.548119.5481.049

IVAxte. de obra

Encargado xeral

Xefe de persoal

99.74922.526122.275119.159119.159119.1591.049

VDelineante superior

Xefe administrativo

99.29022.176121.466118.805118.805118.8051.049

VIDelineante primeira

Topógrafo

Encargado de obra

Oficial 1ª Adm.

98.80921.603120.412118.427118.427118.4271.049

VIIDelineante de 2ª

Capataces

Topógrafo Práct. 2ª

97.02319.842116.865117.019117.019117.019999

VIIIOficial 2ª oficio

Oficial 1ª oficio

95.68418.808114.492114.879114.879114.879959

NiveisCategoríasSoldo base mensualPlus de asistenciaTotal mesPagas extrasVacaciónsHoras extras
XulloNadal

IXOficial 2ª oficio

Aux. administrativo

94.31117.436111.747113.825113.825113.825931

XSerenos

Almaceneiro

92.93215.780108.712113.769113.769113.769876

XIPeóns especializados91.55314.717106.270110.334110.334110.334850

XIIPeóns ordinarios90.12213.320103.442109.212109.212109.212808

XIITraballadores de 17 anos52.97313.67266.64559.66559.66559.665

Axuda de custo: 2.800 ptas.

Media axuda de custo: 1.200 ptas.

ANEXO II

Horas de traballo correspondentes ó período 1-1-1997 ó 31-12-1997

DíasXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecemebro

1FNSS8FND8888FN8

28DD8FCC88S88D8

38888S88D8888

4S888D8888S88

5D88S88S88D88

6FN88D88D8S88FN

788888S88D88D

88SS88D8888SFN

98DD8888S88D8

108FCC88S88D88FCC8

11SFL88D8888SFL8

12D88S88S88D88

13888D88D8S88S

1488888S8FCCD88D

158SS88D8FN88S8

168DD8888S88D8

178888FNG88D8888

18S888D8888S88

19D88S88S88D88

20888D88D8S88S

2188888S88D88D

228SS88D8888S8

238DD8888S88D8

248888S8FCCD888FCC

25S888D8FN88S8FN

26D88S88S88D8FCC

2788FND88D8S88S

2888FN88S88D88D

298-S88D8888S8

308-D8888S88D4

318-8-S-8D-8-FCC

Horas168144152176160168168152176184144140
Días211819222021211922231817,5

Días do ano365

Domingos-52

Sábados-49

Festas nacionais-12

Festas locais-2

Días de traballo250

Adaptación convenio-8

Vacacións 30 días naturais/21 laborais-21

Días de traballo S/Acordo221

Total horas de traballo2.000

Vacacións-168

Adaptación convenio/acordo-68

Total horas efectivas de traballo1.764

NOTA:

1. As festas locais refírense á localidade de Ourense capital.

2. Para axusta-lo calendario laboral anual no presente ano 1997, fíxanse como días non laborables o 10 de febreiro, 2 de maio, 24 de xullo, 14 de agosto, 10 de novembro, 24, 26 e 31 de decembro. A xornada do 30 de decembro verase reducida en 4 horas.