Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.756

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 1997, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se fai pública a relación provisional de beneficiarios das accións de apoio económico ós estudiantes universitarios que se citan.

Rematado o proceso de selección das solicitudes de axuda para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios, correspondente ós anexos III e VIII da Orde do 31 de marzo de 1997 pola que se convocan as citadas accións, (DOG nº 73, do 17 de abril), procede, atendendo a proposta elaborada pola comisión avaliadora prevista no artigo 3º da devandita orde, facer pública a relación provisional de beneficiarios de conformidade coas respectivas bases.

En consecuencia, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a relación provisional de beneficiarios das accións de apoio económico ós estudiantes universitarios convocadas pola Orde do 31 de marzo de 1997, (DOG nº 73, do 17 de abril), que a continuación se indican:

-Premios Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para alumnos universitarrios que rematen os estudios no ano 1997, (anexo III).

-Bolsas de residencia para a realización de estudios universitarios de lº, 2º ou 3º ciclo, no curso 1997-1998, en centros da Comidade Autónoma destinadas ós galegos que residan fóra de Galicia e ós seus descendentes, (anexo VIII).

Segundo.-As ditas relacións provisionais estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacians provinciais e dos vicerrectorados de estudiantes das tres universidades de Galicia.

Terceiro.-Contra esta resolución poderase formular reclamación no prazo de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Calicia. As reclamacións presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 1997.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación