Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.764

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 1 de decembro de 1997 pola que se establece a convocatoria pública para a programación de cursos do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ó exercicio de 1998.

Mediante o Decreto 69/1993, do 10 de marzo, esta Comunidade Autónoma asume as funcións; e servicios transferidos pola Administración do Estado en materia de formación profesional ocupacional.

No antedita transferencia, a Administración do Estado reserva para si, entre outras funcións, o da aprobación do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional (Plan FIP). En exercicio de tal competencia díctae o Real decreto 631/1993 do 3 de maio, no que se marcan as pautas e as directrices que han de seguir tanto o Instituto Nacional de Empleo (INEM) coma as comunidades autónomas con competencias na materia, e se establece a necesidade de realizar unha convocatoria pública durante o trimestre anterior ó comezo do exercicio anual para aquelas entidades que desexen participar na correspondente programación, indicando os termos, prazos e condicións nos que as solicitudes deben presentarse e as accións executarse

O Decreto 2/1994, do 13 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, atribúelle a esta, a través da Dirección Xeral de Formación e Emprego, o exercicio das competencias e funcións, entre outras materias, no relativo á formación ocupacional; o Decreto 52/1994, do 4 de marzo, polo que se establece o réxime xeral de axudas e subvencións da antedita consellería en materia de formación, promoción de emprego e fomento da economía social recolle, no seu Art. 5, as axudas; á formación ocupacional e orientación profesional. preconiza a necesidade de que a concesión destas se efectúe de conformidade cos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade, en aplicación do disposto no Art. 78 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, ós que se axusta a presente disposición.

Esta orde pretende concreta-los principios xerais contidos no antedito decreto no relativo ás axudas dirixidas ós cursos de formación ocupacional para os traballadores desempregados.

Por outra banda, a efectividade da transferencia da xestión das políticas activas do INEM o 1 de xaneiro de 1998 obriga a facer unha reformulación de determinados aspectos que, regulados en anos anteriores na correspondente orde de convocatoria, no presente exercicio se remiten a normas posteriores unha vez integrados na estructura da Xunta de Galicia os medios traspasados para acadar así unha maior harmonización e axilidade na tramitación dos procedementos, como pode se-la selección de alumnos, a remisión de documentación, etc.

Consecuentemente con todo o anterior e consultado o Consello Galego de Ensinanzas Técnico Profesionais, o Consello Galego de Relacións Laborais e o Consello Galego da Xuventude, en exercicio das facultades que me confire o Art. 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

1. A presente orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto a convocatoria pública como a execución das accións formativas do Plan FIP, correspondentes ó exercicio de 1998, xestionadas pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude a través das súas delegacións provinciais e da Dirección Xeral de Formación e Emprego.

Artigo 2º.-Impartición.

1. A impartición das accións de formación profesional ocupacional, realizarase ademais de nos centros de formación profesional titularidade da Xunta de Galicia, naqueles de que dispoñan as entidades que a continuación se indican e que, consecuentemente, poderán participar na convocatoria pública:

a) As que, de conformidade co disposto no Decreto 208/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o procedemento para a homologación de especialidades formativas e para inscrición no Censo de Centros Colaboradores de Formación Ocupacional da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, dispoñan de centros que estean inscritos neste, para impartir aquelas especialidades formativas que teñan homologadas ou solicitada a súa homologación, se ben as ditas solicitudes estarán supeditadas á resolución positiva de homologación.

b) As empresas ou grupos de empresas ou as entidades privadas que, non dispoñendo de centro colaborador con especialidades homologadas, presenten un proxecto formativo específico para elas cun compromiso de contratación de polo menos o 60 por cento dos alumnos. Neste caso seguirase o procedemento de homologación previsto no Art. 8 do Decreto 208/1995, do 6 de xullo, ou ben poderá autorizarse a impartición, de non ser posible pola propia empresa, por entidades inscritas no Censo de Centros Colaboradores.

c) As organizacións empresariais ou sindicais, os organismos paritarios de formación de ámbito sectorial estatal e as organizacións representativas da economía social que dispoñan de centros con especialidades homologadas de conformidade co establecido na alínea a).

2. As entidades beneficiarias de axudas para a impartición de cursos de formación ocupacional non poderán subcontratar ou cederlle a un terceiro a execución dos cursos aprobados.

Artigo 3º.-Axudas.

1. As accións formativas impartidas ó abeiro da presente orde serán obxecto de subvención para compensa-los custos derivados da súa execución.

2. O importe das anteditas subvencións concretarase no producto do número de horas do curso polo número de alumnos que haxa unha vez transcorrido o seu primeiro cuarto e polo importe do módulo que lle corresponda ó propio curso. O módulo que se lle aplicará a cada curso determinarano a Dirección Xeral de Formación e Emprego, tendo como límite máximo o fixado pola normativa estatal do Plan FIP.

3. Sobre as partes A e B do módulo efectivamente gastadas e xustificadas poderá calcularse un 10 por 100 correspondente ós gastos de difícil xustificación. Este importe deberá imputarse, en todo caso, á parte A do módulo, e poderá superar, en ningún caso, as cincocentas mil pesetas.

A cantidade global resultante, despois de efectuada a antedita aplicación, non poderá ser superior ó importe da subvención máxima deducido segundo as regras do parágrafo segundo do presente artigo.

4. A percepción desta subvención será incompatible coa percepción de calquera outra axuda pública ou privada de mesma natureza.

Artigo 4º .-Custos subvencionables.

1. O módulo correspondente a cada curso constará de tres partes: a referida ós custos de persoal, B referida ó resto das custos aboables do curso e C referida ás bolsas e axudas ós alumnos. A cada unha destas partes fixaráselle un importe máximo, sendo a suma deles igual á do módulo completo.

2. Poderanse incluír como custos aboables ou subvencionables correspondentes á parte A do módulo, os gastos desagregados seguintes:

a) Gastos de profesorado, que comprendan os soldos ou honorarios do persoal docente contratado fixo, ou eventual ou o prezo do servicio externo docente, que incluirá a elaboración de medios e materiais didácticos e os gastos de Seguridade Social.

b) Gastos das actividades de coordinación que deberán realizar persoas físicas distintas das encargadas da impartición do curso, sen que poida superarse o 15 por 100 da parte A do módulo.

3. Poderanse incluír como custos aboablales ou subvencionables correspondentes á parte B do módulo, os gastos desagregados seguintes:

a) Gastos de seguros de accidentes dos alumnos e, de se-lo caso, importe da póliza de responsabilidade civil para facer fronte ós riscos que para os bens e as persoas poidan derivarse da realización de actividades relacionadas co curso.

b) Gastos de medios e materias didácticos como textos e materiais dun só uso polo alumno e os materiais de traballo funxible utilizados durante as actividades de formación.

e) Gastos de amortización de instalacións, equipos e maquinarias de duración superior a un exercicio anual.

En ningún caso os gastos de amortización dos bens, que terán unha relación directa coa actividade docente da entidade, poderán superar unha imputación do 25 por 100 da parte B do módulo.

d) Gastos de enerxía eléctrica, de combustibles, así como de mantemento das instalacións e equipamentos formativos.

e) Gastos xerais, que en ningún caso poderán supera-lo 10 por 100 desta parte B do módulo, comprendendo os seguintes gastos que teñan a súa orixe na actividade do curso: seguros, comunicacións; gastos de administración da entidade necesarios para a posta en funcionamento e permanencia dos cursos; e coas disposicións establecidas na presente orde ou na súa normativa de desenvolvemento, para a execución dos cursos aprobados e programados dentro do Plan F.I.P.

f) Gastos de alugueres de instalacións e de maquinaria, que non poderán supera-lo 25 por 100 desta parte B do módulo.

4. A parte C do módulo estará constituída polas bolsas, cando se trate de desempregados minusválidos e as axudas de transporte ós alumnos, nas condicións establecidas nas normas que en desenvolvemento da presente orde dicte a Dirección Xeral de Formación e Emprego, sempre que a duración do curso sexa superior a catro horas diarias e vinte semanais.

Artigo 5º.-Obrigas.

Ademais das obrigas establecidas con carácter xeral para tódolos centros colaboradores no artigo 11 do Decreto 208/1995, do 6 de xullo, os beneficiarios das axudas deberán:

1. Cando es trate de entidades con ánimo de lucro acreditar, con independencia da súa contía e antes de proceder ó cobramento das subvencións, que están ó día nas súas obrigas tributarias e sociais e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Solicitar, no momento da incorporación dos alumnos, a seguinte documentación, que deberá arquivarse separadamente por cada curso.

-Copias compulsadas do seu DNI e da tarxeta de demandante de emprego actualizada.

-Ficha individual de cada alumno.

-Documentación acreditativa de atoparse nos supostos de concesión das bolsas ou das axudas de transporte.

3. Remitir, como mínimo de dez días antes do inicio do curso á delegación provincial correspondente:

-As datas de inicio e remate e o horario de impartición, respectando, en todo caso, o mes de inicio e a previsión de horario de mañá ou tarde fixadas na resolución de concesión.

-A planificación temporal dos módulos do curso e daquelas actividades relacionadas con este que se pretendan realizar.

-O programa completo do curso cando este se aparte do previamente homologado.

-O enderezo completo do lugar de impartición.

-A relación dos docentes que van imparti-lo curso xunto coa documentación acreditativa da súa formación e experiencia, cando esta non estea xa en poder da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

4. Remitir, o día de inicio de cada curso, certificación xustificativa deste e, se é o caso, das modificacións producidas en relación cos datos sinalados no parágrafo anterior.

5. Remiti-lo resto da documentación necesaria para a impartición e xestión do curso no tempo e forma que se estableza por resolución do director xeral de Formación e Emprego.

6. Enviar, sen prexuízo do disposto no artigo 7.3º como data límite o 30 de novembro 1998, á Dirección Xeral de Formación e Emprego ou á correspondente delegación provincial, segundo quen concedera o curso, a xustificación dos custos inherentes a el, a través da seguinte documentación que deberá presentarse selada e asinada:

-Solicitude de liquidación final.

-Relación de facturas.

-Certificación dos gastos por módulos.

7. Expoñer no taboleiro de anuncios do centro o programa completo do curso temporizado por módulos, así como os deberes e dereitos dos alumnos e dos centros colaboradores.

8. Introduci-lo currículo dos alumnos coa súa conformidade, na base de datos do Servicio Galego de Colocación, na forma que estableza a Dirección Xeral de Formación e Emprego.

9. Aboarlles mensualmente ós alumnos as axudas previstas no artigo 4, así como ós profesores a súa remuneración, aínda que non perciban anticipos de axuda.

10. Realizar un informe a cerca da situación laboral dos alumnos formados, ós seis meses da finalización do curso, co fin de coñece-la súa porcentaxe de colocación, no modelo establecido para o efecto.

11. Someterse ás actuacións de supervisión e control que, en calquera momento, poidan acorda-los servicios competentes da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, tanto no relativo ó desenvolvemento das accións formativas coma á súa xestión e tramitación administrativa.

12. Contratar un seguro de accidentes dos alumnos polos riscos que inclúan os do traxecto ó lugar de impartición das clases e prácticas que se contraerán estrictamente na súa duración ó período do curso ou das prácticas non laborais en empresas, sen que poida admitirse ningunha restricción nin exclusión algunha por razón do medio de transporte utilizado.

13. Cando se realicen prácticas non laborais en empresas, ou outras actividades relacionadas co curso, contratar unha póliza de responsabilidade civil para facer fronte ós riscos que para os bens e as persoas poidan derivarse da súa realización.

14. Comunicar ás delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, no prazo de cinco días, calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente a execución dos cursos programados.

15. Solicitar ás delegacións provinciais con cinco días de antelación, autorización de calquera modificación no desenvolvemento dos cursos.

16. Acepta-las modificacións que, se é o caso, introduza o órgano encargado da resolución dos expedientes en relación cos tremos de impartición sinalados na solicitude.

Artigo 6º.-Incumprimento de obrigas.

O incumprimento de calquera das obrigas previstas na presente orde, poderá dar lugar ó reintrego da axuda concedida, nos termos e nas condicións sinaladas no Art. 15 do Decreto 52/1994, do 4 de marzo.

Arfigo 7º.-Pagamento.

1. Con carácter xeral, o aboamento da subvención farase efectiva da forma seguinte:

a) Ata o 50 por 100 do total do orzamento de gastos, en concepto de anticipo no momento no que a delegación provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, ou a Dirección Xeral de Formación e Emprego, segundo proceda, reciba comunicación da entidade impartidora notificando o inicio de tódolos cursos, así como a documentación sinalada no parágrafo primeiro do artigo 5.

b) O importe restante, unha vez rematadas tódalas accións formativas e xustificados os gastos realmente efectuados en cada unha mediante certificación do responsable da entidade por conceptos orzamentarios. A xustificación realizarase curso a curso dentro dos quince días seguintes a súa finalización, sen prexuízo do sinalado no parágrafo terceiro e no artigo 5.6º.

Nos supostos de proxectos formativos con compromiso de contratación, non se realizará a liquidación final en tanto non se remitan copias dos contratos de traballo rexistrados polo organismo público competente.

2. Excepcionalmente e por razón do elevado importe da subvención concedida poderá arbitrarse a seguinte forma de pagamento:

a) O 25% do total do orzamento de gastos, en concepto de anticipo, no momento no que a Dirección Xeral de Formación e Emprego reciba comunicación na que se notifique o inicio das actividades.

b) O 30% do total de orzamento de gastos, unha vez transcorridos os tres meses desde o inicio das actividades e outro 25% transcorridos cinco meses desde o seu inicio. En ámbolos dous casos será necesaria a presentación dunha memoria descritiva dos cursos.

c) O 20% restante, unha vez rematadas as accións formativas e recibida a xustificación do responsable da entidade por conceptos orzamentarios dos gastos realmente efectuados.

3. A presentación da documentación requirida para a xustificación final dos gastos de cada curso deberá realizarse como data límite o 30 de novembro de 1998.

Ás entidades que transcorrido, o antedito prazo non presentarán a documentación de xustificación final dos gastos, poderá serlles esixido o reintegro das cantidades percibidas en concepto de anticipo, en coherencia co disposto no Art. 6 da presente orde.

4. Revisada a xustificación efectuada polas entidades beneficiarias e sempre que esta se axuste ó

disposto na presente orde ou na súa normativa de desenvolvemento, emitirá certificación o Servicio Administrativo de Formación Ocupacional da Dirección Xeral de Formación e Emprego, nos servicios centrais, ou o Servicio de Formación e Emprego nas respectivas delegacións provinciais, para poder facer efectiva a correspondente liquidación da axuda concedida.

En caso de que a xustificación fora incorrecta, requirirase a entidade para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días, advertíndosellle que de non facelo procederase, se é o caso, a reclama-la reintegro da axuda concedida, nos termos e coas condicións sinaladas no artigo 15 do Decreto 52/1994, do 4 de marzo.

Artigo 8º.-Seguimento do control dos cursos.

1. Para comproba-lo cumprimento do disposto na presente orde, a Dirección Xeral de Formación e Emprego e as delegacións provinciais aplicarán o sistema de seguimento e control que ten como obxecto a realización de visitas a todos e cada un dos cursos aprobados para o presente exercicio.

2. Cando nun curso se detecte a existencia de irregularidades ou deficiencias que non puideran ser corrixidas no prazo concedido para o efecto polo delegado provincial correspondente a que non incidan negativamente na súa calidade docente, procederase ó peche deste por resolución motivada do órgano competente para a súa concesión, coa obriga de reintrego da axuda concedida nos termos e coas condicións establecidas no artigo 15 do Decreto 52/1994, do 4 de marzo.

Capítulo II

Das accións formativas

Artigo 9º.-Iniciación e remate.

Con carácter xeral as accións formativas de máis de 250 horas iniciaranse como data límite o 30 de xuño e o resto o 30 de setembro, mentres que o remate e xustificación dos cursos producirase, necesariamente, como data límite o 30 de novembro de 1998.

Artigo 10º.-Colectivos beneficiarios.

Terán preferencia para participar nas accións formativas os colectivos sinalados no artigo 1.2º do Real decreto 631/1993, do 3 de maio.

Artigo 11º.-Selección de alumnos.

1. A selección dos alumnos asistentes ós cursos realizados na forma que se estableza por resolución do director xeral de Formación e Emprego.

2. O número máximo de alumnos participantes en cada curso será de 15, non podendo iniciarse a acción formativa se non se reúne un mínimo de 12. No suposto de que o curso se inicie con 12 ou máis alumnos e menos de 15, deberá completarse o dito número dentro do primeiro cuarto deste; en caso contrario, deduciranse do cómputo da subvención os alumnos que falten para completalo, de conformidade co disposto no artigo 3.2º.

Excepcionalmente, e tan só cando se trate dos proxectos formativos con compromiso de contratación previstos no Art. 2.1º b), o número de alumnos participantes nos cursos poderá variar entre un míni

mo de 10 e un máximo de 20, sen que en ningún caso poidan terse en conta máis de 15 alumnos para o cómputo da subvención nin da porcentaxe de alumnos que se vaian contratar.

3. De non se incorporaren os alumnos seleccionados ou de producirse baixas dentro do primeiro cuarto do curso, poderán substituírse sempre que os novos alumnos teñan o nivel de acceso correspondente á fase do curso á que se incorporen. Neste caso a persoa responsable da súa impartición deberá comprobar, mediante as probas e/ou xustificación documental pertinente, o nivel do alumno.

4. Nos curso nos que a pesar de que se intentara completa-lo número de alumnos, diminúa o número de participantes ata unha cantidade inferior ó 50 por 100 do número programado agás que as baixas se produzan por colocación dos alumnos, poderán ser pechados polo órgano en cada caso competente da Consellería de Familia, Muller e Xuventude. En caso de peche, a entidade terá dereito a unha indemnización que será proposta pola Comisión de Valoración prevista no artigo 15 e será aprobada pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude ou polo respectivo delegado/a provincial,calculada conforme o principio de proporcionalidade.

Artigo 12º.-Dereitos e deberes dos alumnos.

1. Os alumnos participantes nas accións formativas gozarán de gratuidade de formación.

2. Os alumnos que resulten seleccionados para un curso non poderán asistir a outro simultaneamente e salvo autorización expresa do director xeral de Formación e Emprego ou do respectivo/a delegado/a provincial por causas excepcionais debidamente xustificadas, non poderán causar baixa nun para acceder a outro incluído dentro da programación de formación ocupacional da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

3. Terán a obriga de asistir e seguir con aproveitamento os cursos de formación ocupacional e a de facilita-la documentación que lles sexa solicitada polo entidade impartidora dentro dos 10 primeiros días lectivos, sendo causa de exclusión destes o incorrer en máis de dúas faltas de asistencia non xustificadas nun mes.

4. Os que rematen os cursos con aproveitamento recibirán un diploma oficial, no modelo que estableza a Dirección Xeral de Formación e Emprego, acreditativo da súa realización, no que constarán os seguintes datos:

a) Nome, apelidos e DNI do alumno.

b) Denominación do curso.

c) Lugar e datas de realización.

d) Número de horas e programa impartido.

e) Entidade impartidora.

Poderáselles concede-lo diploma a aqueles alumnos que causen baixa no curso por colocación, cando o docente considere que ten os coñecementos equivalentes ó nivel do curso e asistira ó 75 por 100 das horas deste.

5. Os alumnos que non tiveran dereito a diploma poderán recibir, se así o solicitan, unha certificación polos horas e módulos asistidos.

Artigo 13º.-Especialidades formativas.

1. Os cursos serán de carácter presencial e desenvolveránse, preferentemente, en horario de mañá.

2. Con carácter xeral, tódalas especialidades formativas que se impartan dentro da programación do Plan FIP deberán estar incluídas no ficheiro de, especialidades homologadas polo INEM e comprenderán as especificacións técnico-docentes e o contido formativo axeitado de acordo co seu nivel e o grao de dificultade establecido.

3. A Dirección Xeral de Fornación e Emprego, excepcionalmente, poderá autoriza-la impartición de especialidades formativas que non esten recollidas no ficheiro sinalado no parágrafo anterior, como proxectos experimentais ou innovadores, sempre que as entidades que os promovan acompañen a solicitude da seguinte documentación:

a) Informe motivado das necesidades de formación nesa especialidade en relación co mercado de traballo.

b) Descrición do programa formativo segundo a estructura dun curso normalizado de formación profesional ocupacional.

c) Valoración calculada do custo da formación de acordo co sistema de cálculo establecido pola Dirección Xeral de Fornación e Emprego.

4. O programa que se impartirá en cada curso será o previamente homologado. Cando este non figure en poder da Consellería de Familia, Muller e Xuventude deberá ser reclamado de conformidade co disposto no artigo 16.2º da presente orde.

Artigo 14º.-Prácticas non laborais en empresas.

1. Cando a entidade impartidora considere pertinente que os alumnos realicen, a maiores das horas lectivas do curso, prácticas non laborais en empresas ou institucións públicas e así estea previsto na correspondente resolución de concesión, deberá presentar, cunha antelación mínima de quince días hábiles á súa realización, perante a Dirección Xeral de Formación e Emprego, información sobre os seguintes aspectos:

a) Contido das prácticas que realizarán os alumnos.

b) Datas previstas e lugar de realización destas.

c) Documentación que acredite a aceptación da empresa ou institución da súa realización sen percibir compensación económica ningunha.

d) Número de alumnos que realizarán as prácticas e número de horas por alumno.

e) Sistema de titorías para o seu seguimento e avaliación.

f) Documento que acredite a vixencia de seguro de accidentes dos alumnos polos riscos que inclúan os do traxecto ó lugar de realización das prácticas e contraéndose estrictamente na súa duración o período da súa realización.

g) Documento que acredite a contratación dunha póliza de responsabilidade civil para facer fronte ós riscos que para os bens e as persoas poidan derivarse da realización das prácticas non laborais.

2. Antes do comezo das prácticas porase en coñecemento dos representantes legais dos traballadores na empresa e da Inspección de Traballo unha relación dos alumnos que as realizarán.

3. As prácticas poderán iniciarse, ben simultaneamente á realización do curso, ou unha vez finalizado este, sempre que non transcorreran máis de 30 días desde a súa finalización sen que en ningún caso superen a duración en horas do curso de referencia.

Capítulo III

Da convocatoria pública

Artigo 15º.-Solicitudes.

1. As entidades que estando incluídas no Art. 2, desexen colaborar na impartición das accións formativas correspondentes ó Plan FIP, deberán formaliza-la correspondente solicitude por triplicado no modelo nomalizado que se publica como anexo I á presente orde e se subministrará nas delegacións provinciais da consellería, na Dirección Xeral de Formación e Emprego ou en calquera das oficinas administrativas de información ó cidadán, subscrita polo titular ou representante legal da entidade e deberá ir acompañada da seguinte docurmentación:

a) Documentación acreditativa da representatividade suficiente para asina-la solicitude.

b) Unha ficha por cada por cada un dos cursos solicitados no modelo normalizado, segundo o anexo II, na que necesariamente deberá indicarse o mes da súa iniciación e a previsión da súa impartición en horario de mañá ou tarde.

c) En caso de ter impartido cursos incluídos na programación da consellería correspondentes ó exercicio de 1996, deberán informar sobre o grao de inserción laboral acadado polos alumnos formados, nos modelos establecidos para o efecto e sempre que non os remitisen remitido con anterioridade.

d) Se é o caso, compromiso de contratación asumido pola/as empresa/s que vaian contrata-los alumnos.

e) Cando as accións solicitadas non estean incluídas no ficheiro de especialidades, as entidades deberán presenta-lo programa completo do curso temporizado por módulos e unha relación detallada de dotacións e equipamentos, medios materiais que utilizarán no seu desenvolvemento e unha descrición das aulas e talleres indicando metros cadrados, condicións de luminosidade, de seguridade, etc, xuntando planos.

2. As solicitudes presentaranse nas delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude que correspondan ó domicilio do solicitante ou por calquera das formas previstas no Art. 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Cando se trate de entidades que estean integradas na rede informática corporativa da Xunta de Galicia como centros asociados ó Servicio Galego de Colocación, agás que se trate de proxectos formativos con compromiso de contratación, a solicitude realizarase telematicamente, no mesmo prazo sinalado no parágrafo primeiro, no modelo que xere o sistema de xestión de procedementos administrativos.

Neste caso as entidades deberán remitir ás respectivas delegacións provinciais, no prazo de dez días desde a transmisión da solicitude, a documentación acreditativa da representatividade suficiente para formulala.

Artigo 16º.-Prazo.

1. O prazo para a presentación das solicitudes será de quince días hábiles contados desde ó día seguinte á publicación da presente orde, agás no suposto de proxectos formativos con compromiso de contratación.

2. No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria ou a documentación presentada contivera ou sexa insuficiente, procederase da forma prevista no Art. 10.2 do Decreto 52/1994, do 4 de marzo.

Artigo 17º.-Procedemento.

1. O procedemento que se seguirá na tramitación e instrucción dos expedientes será o establecido no artigo 9 e seguintes do antedito decreto, coas concrecións que se establecen nos parágrafos seguintes.

2. Unha vez realizados os trámites sinalados nos parágrafos 1º e 2º do artigo 10 do antedito decreto, os expedientes remitiránselle á comisión de valoración para o seu informe, proposta de resolución e posterior elevación ante o órgano competente para resolver.

3. Para os efectos previstos no presente artigo a, comisión de valoración estará composta:

a) Nas delegacións provinciais, polo secretario provincial, que a presidirá, e serán vocais o xefe do Servicio de Formación e Emprego, que actuará como secretario e un funcionario designado polo delegado provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude de entre o persoal adscrito a esta.

b) Nos servicios centrais, polo director xeral de Formación e Emprego, que a presidirá, e serán vocais o subdirector xeral de Formación Ocupacional e os xefes dos servicios Administrativo e Técnico de Formación Ocupacional, actuando este último como secretario.

4. A comisión de valoración á hora de barema-las; solicitudes, terá en conta os seguintes criterios:

a) A existencia de proxectos formativos previstos no Art 2.1º b).

b) A existencia dun compromiso de contratar algún dos alumnos que realicen o curso por parte das entidades previstas no Art. 2.1º a).

c) A impartición de accións formativas en exercicios anteriores cun grao de cumprimento, de calidade da formación impartida e de colocación de alumnos satisfactorio.

d) A adecuación ás necesidades de formación detectadas no territorio para o que se soliciten os cursos.

e) A inclusión dunha fase de prácticas profesionais non laborais en empresas, axeitadas ós coñecementos impartidos.

f) A inclusión de módulos de orientación e información profesional, que conteñan información sobre as posibilidades de emprego abertas trala formación recibida e orientación sobre as técnicas de busca de emprego, posibilidades de auto emprego e fórmulas de economía social.

g) A realización, acreditada, de actuacións previas tendentes a detecta-las necesidades de formación nas especialidades que impartirán as empresas do sector co fin de acada-la promoción ou inserción laboral dos alumnos no mercado de traballo.

h) A realización de accións dirixidas óa colectivos máis desfavorecidos no emprego.

i) A poboación e o número de desempregados do territorio para o que se solicitan os cursos.

j) A existencia doutros recursos formativos na zona.

Artígo 18º.-Resolución.

1. A resolución dos expedientes de axudas, logo do informe da comisión de valoración, do Consello Galego de Ensinanzas Técnico Profesionais ou dos comités provinciais de seguimento da formación ocupacional, segundo proceda, do cumprimento do trámite de audiencia cando proceda, e fiscalizada a proposta pola respectiva Intervención, corresponderalle á conselleria de Familia, Muller e Xuventude, cando se trate de entidades con centros homologados en máis dunha provincia, ou, en caso contrario, ós respectivos delegados provinciais, e deberán ser notificadas ós interesados.

A resolución dos proxectos formativos con compromiso de contratación corresponderalle, en todo caso, á conselleira de Familia, Muller e Xuventude estando condicionada a súa eficacia ó posterior asinamento dun documento de aceptación das entidades promotoras do proxecto dos termos deste.

2. A resolución dos expedientes deberá producirse no prazo de tres meses contados desde o día seguinte ó de remate do prazo para a presentación das solicitudes. Transcorrido o devandito prazo sen que recaera resolución expresa, esta entenderase desestimatoria.

3. Sen perxuízo do establecido no parágrafo anterior, e con carácter excepcional, poderán efectuarse resolucións complementarias fóra do prazo establecido cando fose posible efectualas dentro del, cando existisen fondos provenientes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas, de incrementos das cantidades asignadas á Comunidade Autónoma pola Administración do Estado, ou doutros remanentes dos módulos.

Neste caso, agás que se acuda a unha convocatoria complementaria, non poderán terse en conta outras solicitudes nin outras homologacións distintas das tidas en conta para a resolución inicial.

Disposicións adicionais

Primeira.-A realización das accións de formación previstas na presente orde e a conseguinte concesión de subvencións, así como a súa forma de pagamento

estará supeditada á aprobación das partidas do capítulo IV do programa 222A de fomento de emprego dos presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1998 e a autorización do Consello da Xunta de Galicia, respectivamente.

Segunda.-Se por calquera causa, no momento no que as comisións de valoración teñan que examina-las solicitudes, algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será substituído pola persoa que para o efecto designe o respectivo delegado/a provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude ou o director xeral de Formación e Emprego, segundo proceda.

Terceira.-Poderán financiarse con cargo ás axudas e subvencións da presente orde os proxectos formativos previstos no Art. 2.1ºb), aínda que as accións formativas, previamente solicitadas, se inicien, por necesidades de contratación das empresas, antes de que se dictase a corrrespondente resolución de concesión, sempre que se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que as accións formativas se inicien dentro do ano 1998 e rematen antes do prazo sinalado no artigo 9.

b) Que se cumpran tódolos requisitos formais e procedementais, aínda que sexa a posteriori, provistos na presente orde.

e) Que o inicio dos cursos sexa notificado con cinco días de antelación ás delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Cuarta.-De acordo co disposto no artigo 3.2º do Decreto 208/1995, do 6 de xullo, durante a vixencia do prazo sinalado no Art. 14 da presente orde non poderán preseratarse solicitudes de homologación e de inscrición no censo de centros colaboradores de formación ocupacional da Consellería de Familia, Muller e Xuventude. As solicitudes que se presenten neste período non serán tramitadas en tanto non remate o antedito prazo.

Quinta.-A formación profesional ocupacional do persoal que presta servicio nas Forzas Armadas como tropa e marinería, así como das persoas en situación de privación de liberdade rexerase polo que anualmente se estableza nos convenios que subscriba a Xunta de Galicia cos órganos competentes da Administración do Estado.

Sexta.-En todo o non disposto na presente disposición será de aplicación o Real decreto 631/1993, do 3 de maio, polo que se regula o Plan FIP,así como a súa normativa de desenvolvento.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Formación e Emprego para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento e execución da presente disposición.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1997.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude