Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.750

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1997, conxunta das direccións xerais de Producción Agropecuaria e lndustrias Agroalimentarias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se covocan cursos de aplicadores/manipuladores de praguicidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agrícultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes productos, establece no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Calicia a información correspondente a cada curso que vaia celebra-lo organismo ou centro docente correspondente.

En consecuencia, anúnciase a convocatoria de dous cursos de aplicadores/manipuladores de praguicidas que se celebrarán de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación dos cursos:

1.1. Curso de aplicadores/manipuladores de productos fitosanitarios. Nivel básico.

1.2. Curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e na industria alimentaria.

2. Datos dos organismos organizadores:

Os organismos organizadores serán:

2.1. 0 Servicio de Sanidade e Producción Vexetal para o curso especificado no apartado 1.1.

2.2. 0 Servicio de Saúde Escolar, Laboral e do Ocio para o curso especificado no apartado 2.2.

3. Obxectivos do curso:

Conseguir unha formación adecuada para o persoal dos establecentos e empresas que manipulen ou presten servicios de tratamentos con praguicidas fitosanitarios ou de uso ambiental e na industria alimentaria, co obxecto de que poidan obte-lo carné de manipulador destes productos que os capacite para exerceren a dita actividade en todo o territorio estatal.

4 Destinatarios:

-Destinatarios: aplicadores, persoal de establecementos e servicios praguicidas, agricultores e público en xeral.

-Nº de prazas: o número de alumnos que poderán participar será de 30 como máximo.

-Criterios de selección: o solicitante deberá ter idade laboral para poder traballar con praguicidas (maior de 18 anos).

Terán preferencia na selección os aplicadores ou manipuladores de empresas e establecementos recollidos na Orde do 8 de abril de 1996, conxunta da

Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se crea o Rexistro Oficial de Establecementos e Servicios Praguicidas.

5. Lugar de celebración:

As clases correspondentes a este curso levaranse a cabo en:

Denominación do centro: Escola de Capacitación Agraria.

Enderezo: Sergude. Municipio: Boqueixón.

Provincia: A Coruña. C.P.: 15881. Teléfono e fax: (981) 51 18 15.

Duración e horario: cada curso, que se vaia realizar entre o 15 e o 19 de decembro, terá unha duración de 23 horas lectivas, distribuídas da seguinte maneira:

Curso 1.1. (18 teóricas e 5 prácticas).

Curso 1.2. (14 teóricas e 9 prácticas).

O horario do curso será de 9 horas a 19.15 horas en xornadas de mañá e tarde.

6. Programa:

Os temarios que se impartirán son os que figuran no anexo II

7. Coordinadores técnicos do curso:

De acordo coa facultade conferida no artigo 10 da orde reguladora destes cursos, os coordinadores técnicos serán:

1.1. Fernando Coduras Orera. Cargo: xefe de Área de Defensa dos Vexetais,

1.2. Isolina Lago Rial. Cargo: técnico superior do servicio.

8. Solicitudes e inscrición:

As solicitudes de asistencia, de acorde cos modelos que figuran no anexo I, tramitaranse ás direccións xerais correspondentes.

A documentación sinalada anteriormente presentaranse nos rexistros xerais das consellerías de Agricultura Gandería e Montes ou de Sanidade e Servicios Sociais en horario de 9 a 14 horas, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación será de 10 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución.

-Documentación: o persoal que desexe participar neste curso deberá presentar cuberta a solicitude que figura como anexo I xunto cunha fotocopia do DNI e, se é o caso, certificación expedida polo establecemento ou servicio de praguicidas especificando o labor que desenvolve o solicitante neste.

-Admisión: a relación de solicitantes admitidos expoñerase no taboleiro de anuncios do organismo convocante do curso antes dos 2 días naturais contados a partir do prazo de finalización da inscrición.

9. Certificado de superación do curso:

É obrigatorio a asistencia a tódalas sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará

as probas pertinentes que avalen os coñecementos adquiridos polo alumno e, no caso de superalas, expedirá o certificado co que poderá solicitarlles ás direccións xerais de Producción Agropecuaria e Industrias Alimentarias ou de Saúde Pública, segundo corresponda, o carné de manipulador de produc

tos fitosanitarios ou de uso ambiental e na industria alimentaria.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1997.

Víctor Tello CalvoJuan Jesús Cestal Otero

Director xeral de ProducciónDirector xeral de Saúde

Agropecuaria e IndustriasPública

Alimentarias

ANEXO II

Programa do curso de nivel básico para productos fitosanitarios

1. Praguicidas: descrición e xeneralidades.

2. Riscos derivados da utilización dos praguicidas.

3. Perigosidade dos praguicidas para a saúde. Intoxicacións.

4. Práctica da protección fitosanitaria. Relación traballo-saúde, primeiros auxilios en caso de intoxicación.

5. Medidas preventivas e protectoras para evita-lo risco do uso de praguicidas.

6. Boa práctica fitosanitaria. Protección do medio ambiente e normas legais.

7. Exercicios prácticos.

8. Proba de avaliación.

Programa do curso de nivel básico para praguicidas de uso ambiental e na industria alimentaria

1. Praguicidas. Descrición e xeneralidades.

2. Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

3. Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria e os métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación de praguicidas.

4. Praguicidas e medio ambiente. Problemas que presentan. Destrucción de envases.

5. Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

6. Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios en caso de intoxicación por praguicidas.

7. Exercicios prácticos.

8. Proba de avaliación.