Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.753

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de novembro de 1997 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio de educación infantil primaria número 1 de Chantada (Lugo).

Tendo en conta o artigo 8 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico de escolas de educación infantil, colexios de educación primaria e colexios de educación infantil e primaria (DOG do 21 de outubro de 1996), así como os correspondentes informes, por proposta

da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e

Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Chantada.

Localidade: Chantada.

Código do centro: 27003126.

Denominación: Colexio de Educación Infantil Primaria número 1 de Chantada.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil Primaria Xoán de Requeixo.