Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 04 de decembro de 1997 Páx. 11.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle do soar sito na rúa San Roque, 77 (expediente 4274/411).

O Pleno do Concello de Vigo acordou en sesión celebrada o día 17 de novembro de 1997 aprobar definitivamente o estudio de detalle de soar na rúa San Roque, 77, formulada pola entidade Viproma, S.L., e redactado por Gumersindo Vázquez Gómez, con visado polo COAG dos días 16-12-1996, 7-2-1997 e 6-3-1997, consonte o informe e demais documentación que consta no expediente administrativo e nos mesmos termos da súa aprobación inicial.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 27 de novembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde, presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

9099