O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 30 de outubro de 1997, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro.-Prestar aprobación definitiva á modificación puntual do PXOU paraq axusta-las aliñacións
da rúa do Gorgullón e das súas transversais entre esta e a avenida de Eduardo Pondal, sendo formulado o documento de modificación do planeamento de ordenación integral do municipio por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe do Servicio Municipal de Xestión e Disciplina Urbanística.
Segundo.-Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia, con comunicación ás entidades interesadas e traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dunha copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados, dispoñéndose a publicación das normas e ordenanzas da modificación no BOP para logra-la súa eficacia e executividade, de acordo co establecido na Lei 39/1994, do 30 de decembro, pola que se modifica o artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, regulamentadora das bases de réxime local.
O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que, contra este acordo, que esgota a vía administrativa, se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se coide procedente.
Pontevedra, 3 de novembro de 1997.
Juan Luis Pedrosa Fernández
Alcalde
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral
9603