Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 04 de decembro de 1997 Páx. 11.722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto mediante concurso público, da adquisición dun ecógrafo para radioloxía, dun ecógrafo para exploracións do aparello dixestivo.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado i) do artigo 7º da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto e tramitación urxente, mediante concurso, da subministración dun ecógrafo para radioloxía, dun ecógrafo para exploracións do aparello dixestivo.

Obxecto e orzamento.

A subministración dun ecógrafo para radioloxía, dun ecógrafo para exploracións do aparello dixestivo, por un orzamento máximo de 18.000.000 de ptas. (IVE incluído).

Prazo de entrega.

O material obxecto do presente concurso público deberá ser entregado no prazo dun mes contado a partir da data de notificación de adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poder ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n. Tfno. (982) 29 65 52 e fax (982) 21 29 24.

Fianzas.

Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de trescentas sesenta mil pesetas (360.000 ptas.), e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia económica e financeira.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación.

Non se precisa.

Criterios de adxudicación.

1. Cumprimento das características técnicas, ata 5 puntos.

2. Contrato de mantemento, ata 4 puntos.

3. Prezo, ata 3 puntos.

4. Posibilidades de ampliación e melloras tecnolóxicas, ata 2 puntos.

5. Prazo de entrega, ata 1 punto.

Admisión de variantes.

Admítense variantes.

Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar o Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán presenta-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 25 de novembro de 1997.

Luis E. Vicente Sánchez

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo

9155