Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 04 de decembro de 1997 Páx. 11.721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1997, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, pola que se anuncia concurso público aberto, e tramitación urxente, para a subministración de diverso material informático. (C.P. 11/1997).

O director xerente de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Obxecto: subministración de diverso material informático.

Orzamento: 14.464.553 ptas., (IVE incluído).

Garantía provisional: 289.291 ptas.

Forma de adxudicación: concurso público polo procedemento aberto e trámite urxente.

Prazo de entrega: un mes natural contado a partir da data da adxudicación.

Admisión de variantes: admítense, debéndose especificar brevemente e de maneira clara, cales son, a xuízo da empresa licitadora, as avantaxes das mesmas. En ningún caso se admitirán variantes por debaixo das condicións mínimas que se esixen no prego das prescricións técnicas.

Solvencia económica, técnica e financeira: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os criterios que a continuación se especifican:

1º Prezo: 6.

2º Calidade: 3.

3º Entrega: 1.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no departamento de Suministros da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área da Coruña, r/ Pasteur, nº 22 (Polígono A Grela), 15008 A Coruña. Tfono.: (981) 25 14 50, fax: 25 16 66 en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área de A Coruña, Ambulatorio de San Xosé, r/ Comandante Fontanes nº 8, planta quinta, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG; ou por correo, na forma indicada no punto 9.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida a tal efecto, en acto público, na Sala de Xuntas de Suministros da Xerencia de Atención Primaria, sita na Coruña na rúa Pasteur, nº 22, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar ó seguinte día hábil.

Documentación que terán que aporta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso correrá por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 14 de novembro de 1997.

Bernardo Seoane Díaz

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol

9606