Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 04 de decembro de 1997 Páx. 11.721

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/306-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. 1ª Travesía da Salgueira.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 276 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T.S. entre os CC.TT. Avda. de Madrid e Mantelas, rematando no C.T. que se proxecta na 1ª Travesía da Salgueira, concello de Vigo. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 27 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9563