Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

ANUNCIO.

Faise público, nos termos e para os efectos do artigo 8.d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, que o Plenario Municipal, en reunión do 21 de novembro de 1997, deliberou aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenamento Urbano relativa a aumento de edificabilidade para o soar sito na confluencia das rúas Dous de Maio e Río Támega, da vila de Xinzo de Limia.

O condicionado urbanístico modificado é o que a seguir se detalla:

* Clasificación: solo urbano.

* Zonificación: largo que se vai conservar.

* Alturas: 6 plantas (B+5).

* Fondo edificable: planta baixa, 30 m; planta alta, mínimo 10 m e máximo 30 m.

* Superficie do soar: 40 m de fachada x 30 m de fondo= 1.200 m.

Edificabilidade modificada: P.B., 30 x 40 m = 1.200 m; P.A., 30 x 40 m x 5 = 7.200 m

Xinzo de Limia, 24 de novembro de 1997.

O presidente

Rubricado