Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de licitación.

Resolución do concello de Sada pola que se anuncia a contratación, polo trámite de urxencia, das obras de construcción dun centro socio cultural en Sada 1ª fase.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP, anúnciase concurso, polo procedemento aberto, para adxudica-las obras de construcción dun centro socio cultural en Sada 1ª fase, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto contrato as obras de construcción dun centro socio cultural en Sada.

2. Duración do contrato: un mes.

3. Tipo de licitación: 16.000.000 de ptas.

4. Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría B.

5. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase con cargo á partida 451.54.60109 do vixente orzamento municipal.

6. Publicidade dos pregos: estarán de manifesto tódolos días hábiles na secretaría do concello.

7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP, suspendéndose a licitación no caso de impugnación.

8. Garantía provisional: o 2% do orzamento de licitación.

9. Garantía definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.

10. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación (artigo 72.2ºb) LCAP) contados a partir do día seguinte ó da súa inserción no BOP.

11. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte ó da conclusión do prazo para a presentación de proposicións.

12. Modelo de proposición: é o recollido no anexo II do prego de condicións.

Sada, 25 de novembro de 1997.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde