Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTE-CALDELAS

ANUNCIO da aprobación inicial do estudio de detalle dun soar sito na avenida de Pontevedra.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 24 de novembro de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para un soar sito na avenida de Pontevedra, conforme o proxecto presentado porPromociones Caldelas, S.A.,e redactado pola arquitecta Teresa Táboas Veleiro.

O que se fai público para xeral coñecemento facendo constar que o expediente estará exposto ó público nas oficinas municipais de secretaría polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia. O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes desde a derradeira publicación, podendo os interesados examinalo e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo.

Ponte Caldelas, 24 de novembro de 1997.

Fidel Rodrígez Toubes

Alcalde