Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 272/1997).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 14 de novembro de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOU de Ourense, réxime peonil rúa San Domingos no tramo do parque de San Lázaro-rúa Capitán Eloy, sempre que o número de prazas de garaxe non exceda dunha para vivenda e unha para cada 100 m de local comercial, por pedimento de Juan Luis Brasa Gómez.

O dito expediente atópase no Departamento de Xestión e Promoción Urbana, Planeamento, sito no terceiro andar da Casa do Concello na Praza Maior nº1 para, en conformidade co disposto no Art. 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, somete-lo á exposición pública polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Ourense, 21 de novembro de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde