Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

A Corporación Municipal, en sesión extraordinaria celebrada con data do 24 de novembro de 1997, prestou aprobación inicial ós proxectos de reparcelación da unidade de execución nº 13a e 13b no contorno da unidade de actuación nº 13 do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Fene, A Coruña, redactados polo arquitecto Fernando Casqueiro Barreiro.

Igualmente acordou sinalar como áreas afectadas pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición, a comprendida nas parcelas obxecto de reparcelación, suspensión que se extinguirá pola aprobación definitiva do expediente.

O dito expediente permanecerá exposto ó público na Secretaría deste Concello durante o prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Fene, 25 de novembro de 1997.

O alcalde

Rubricado