Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1997 pola que se anuncia concurso para a execución das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento e consolidación arqueolóxica dos xardíns do convento de San Francisco.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Entidade que tramita o expediente: Sección de Contratración.

b) Número de expediente: 097/67.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento e consolidación arqueolóxica dos xardíns do convento de San Francisco.

Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicacións: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 16.708.070 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 334.161 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71 . f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de representación e ofertas.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a)Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Oferta económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento e consolidación arqueolóxica dos xardíns do convento de San Francisco»).

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 12 de novembro de 1997.

O alcalde

P.D.