Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto para a contratación das obras necesarias para a reparación urxente dos danos nas estradas provinciais.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación das obras necesarias para a reparación urxente dos danos nas estradas provinciais, dividíndose a provincia en 8 zonas de actuación e que son as seguintes:

ZonaConcellos que a integran

A 1As Pontes de García Rodríguez, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño

A 2Valdoviño, Narón, Ferrol, Neda, Fene, Mugardos, Ares, A Baña, Pontedeume, Miño, Vilarmaior, Monfero, Paderne, Irixoa

B 1Oleiros, Bergondo, Cambre, Betanzos, Culleredo, Oza dos Ríos, Abegondo, Carral, Cesuras, Mesía, Ordes, Frades, Oroso, O Pino, Boqueixón

B 2Irixoa, Coirós, Aranga, Curtis, Vilasantar, Sobrado, Boimorto, Toques, Melide, Arzúa, Touro, Santiso

C 1A Coruña, Arteixo, Culleredo, Laracha, Carral, Carballo, Cerceda

C 2Tordoia, Ordes, Santa Comba, Val do Dubra, Trazo, A Baña, Negreira, Santiago de Compostela, Ames, Brión, Rois, Teo, Vedra, Dodro, Padrón

D 1Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Coristanco, Camariñas, Vimianzo, Zas, Muxía, Santa Comba, Dumbría, Cee, Fisterra, Mazaricos, Corcubión, Carnota

D 2Negreira, Outes, Muros, Lousame, Dodro, Rianxo, Boiro, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Ribeira

2 A. Orzamento para cada zona: 10.000.000 de ptas., (IVE incluído).

2 B. Orzamento total: 80.000.000 de ptas., (IVE incluído).

3. Garantía provisional: non se esixe.

4. Clasificación: tendo en conta o orzamento do contrato para cada zona, de conformidade co disposto no artigo 25 da Lei 13/1995, do 18 de maio, non será esixible a clasificación do contratista. Non obstante, se se lle adxudicaran ó contratista varios lotes que superen a cantidade de 20.000.000 de ptas., esixirase a seguinte clasificación:

Grupo G, subgrupo 6, categoría d.

5. Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será desde o 22 de decembro de 1997 ata o 22 de decembro de 1998.

6. Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

7. Proposicións: poderán presentarse na Sección de Patrimonio e Contratación en horas de oficina de 9 a 13 horas dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

8. Anuncio extenso BOP.

9. Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 26 de novembro de 1997.

Augusto César Lendoiro

Presidente

José Luis Almau Supervia

Secretario da Deputación Provincial de A Coruña