Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1997, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área sur), pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos servicios de limpeza.

A Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (área sur), en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 22 de maio de 1996, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca os concursos públicos:

Expediente 1/98S.

Obxecto: contratación dos servicios de limpeza das dependencias onde se sitúa o Centro de Saúde de Cangas.

Orzamento: 9.500.000 ptas. anuaias (IVE incluído).

1. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1998. Sen prexuízo disto, o contrato poderá prorrogarse por acordo expreso das partes antes do seu remate e por períodos anuais sen que a duración total deste, engadidas as prórrogas, poida exceder de seis anos.

2. Fianzas:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: será do 4% do orzamento de licitación.

3. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia técnica: acreditarase mediante calquera dos medios establecidos no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

6. Criterios de adxudicación: os establecidos no claúsula décima do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o presente concurso.

7. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares pode ser solicitado na Xerencia de Atención Primaria, rúa México, 26-1ª planta, 36204 Vigo, teléfono (986) 81 64 66, en días hábiles desde as 9 ata as 14 horas.

8. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral desta Xerencia de Atención Primaria (rúa México, 26-4ª, 36204 Vigo), antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

9.Apertura de proposicións: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria, rúa de México, 26-6ª planta de Vigo, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice

o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Documentación que deberán achega-los licitadores: a sinalada no punto oito do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario.

Vigo, 20 de novembro de 1997.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo