Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para a construcción dunha liña eléctrica nos concellos do Valadouro, Alfoz, Abadín e Mondoñedo. (Expediente 4817 A.T.).

Para os efectos previstos nos artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, artigo 9 do Decreto 2617/1966 e o artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, de aplicación en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da citada lei, sométese a información pública

a solicitude de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica cas carecterísticas que se indican a continuación:

Referencia: proxecto de interconexión eléctrica L.A.T. 132 kV Sub. Mondoñedo-parques eólicos Montouto-O Cadramón-Soán-Nordes.

Peticionarios: Ineuropa Eólica del Xistral, S.A., con domicilio social na praza do Ferrol, nº 6, 27006 Lugo e Norvento, S.L., con domicilio social en r/ Ribadeo, nº 2-Entlo., 27002 LUgo.

Finalidade: transporte de enerxía eléctrica a subestación de Mondoñedo desde o parque eólico de Montouto (Norvento, S.L.) e dos parques eólicos do Cuadramón, Soán Nordes (Ineuropa Eólica del Xistral, S.A.).

Obxecto: autorización administrativa, aprobación do proxecto e declaración de utilidade pública, que comportará a expropiación forzosa, polo procedemento de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados.

Descrición: a liña proxectada consta dos seguintes tramos:

1) Desde a subestación do P.E. de Montouto ata a subestación de Mondoñedo; conductor LA-280 e 15,946 km. Percorre os concellos de Mondoñedo e Abadín da provincia de Lugo.

2) Subestación de Montouto a subestación do Cadramón: conductor LA-280 e 3,668 km. Percorre os concellos de Abadín, Alfoz e O Valadouro, provincia de Lugo.

3) Subestación O Cadramón-subestación Nordés, conductor LA-180 e 5,659 km. Percorre os concellos de Valadouro, provincia de Lugo.

4) L.A.T. derivación a subestación de Soán: conductor LA-180; 0,946 km. Percorre os concellos do Valadouro, provincia de Lugo.

Orzamento: 294.424.676 ptas.

Afeccións derivadas da utilidade pública do proxecto.

a) Servidume de paso aérea e subterránea de enerxía eléctrica que comprende, ademais do voo sobre o predio servente ou establecemento de soportes coas limitacións descritas no artigo 56 da Lei 40/1994, do 30 de decembro.

b) Servidume de ocupación temporal no período de execución das obras, onde se eliminaría todo obstáculo que poido impedi-la montaxe das torres e o tendido dos cables, co pagamento dos danos que se produzan en cada caso.

c) Dereito de paso de tres meses, de largo segundo o eixe da liña e libre acceso ás instalacións do persoal e dos elementos necesarios para mellorar, manter, reparar e renova-las diferentes instalacións, co pagamento dos danos que se ocasionesn en cada caso.

d) Mantemento de distancias de seguridade establecidas no Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión en edificación e construccións futuras e masa forestal. Sen embargo, en casos especiais e cando por razóns mo xustificadas non se poida observar todo o indicado, será necesario solicitar autorización a delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio correspondente, a cal poderá concedela.

Todo o que se indica nos apartados anteriores non será de aplicación nos bens de dominio público.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios e demais titulares afectados que non chegasen a acordo coas compañías promotoras eólicas beneficiarias das que se insire relación no anexo deste anuncio, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou xuros económicos sobre os bens afectados foron omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nas oficinas da Delegación Provincial de Industria de Lugo, situada no edificio de usos múltiples da Xunta de Galicia na Ronda da Muralla, 70-3º, e presenta-las alegacións que sexan oportunas, por triplicado, nun prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Lugo, 6 de novembro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo