Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/167-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: desvío L.M.T. a C.T. Vilariño-Marcosende.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, de 385 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoio de formigón, desde o apoio número 20 da actual L.M.T.desde o que se realiza a derivación ó C.T. de Vilariño, rematando no apoio existente número 3 da L.M.T. actual ó C.T. de Vilariño, concello de Vigo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 23 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra