Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.(Expediente IN407A 97/154-4.)

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Asorei-Camposancos.

Situación: Lalín.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 KV, de 345 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoio metálico, desde o apoio 4 da L.M.T.ó C.T. de Camposancos, rematando no C.T. que se proxecta en Asorei-Camposancos, concello de Lalín. C.T. de 50 KVA, relación de transformación 20 KV-380/220 V.R.B.T., aérea, de 80 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 23 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra