Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/175-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Mercado de Cabral.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 30 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio nº 8 da L03.03 Troncal- Trasiego,

rematando no C.T. que se proxecta no mercado de Cabral, concello de Vigo. C.T. de 400 KVA, relación de transformación 15 KV-30/220 V. R.B.T., aérea-subterránea, a R.B.T. aérea, de 250 m de lonxitude con conductor ripo R.Z. a R.B.T. subterránea de 250 m de lonxitude con conductor ripo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódaslas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 22 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra