Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 03 de decembro de 1997 Páx. 11.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/172-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. da Barca II.

Situación: concello de Cambados.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 74 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio nº 8 da L.M.T. ó C.T. da Barca I, rematando no C.T. que se proxecta da Barca II, concello de Cambados. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea, de 126 m de lonxitude con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 22 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra